Vexo, veo Xacobeo: "O CRA no camiño"

O CRA NO CAMIÑO INGLÉS

Todo o centro, fixemos un tramo do camiño inglés dentro do Plan Proxecta Vexo Veo Xacobeo:" O CRA no camiño".

En concreto fomos ata o albergue de peregrinos, xa no Concello de Neda. Alí recibíronnos as concelleiras de Neda, Angeles Puentes e Marián Bello que fixeron de guías para os nosos nenos e nenas;  dende aquí queremos dar as grazas ao Concello de Neda pola súa amabilidade e trato dende que nos puxemos en contacto con eles para que nos abrisen as portas do Albergue Municipal.

Unha vez visitado o albergue merendamos todos xuntos e tivemos un tempo de xogo para que os nenos e nenas das diferentes escolas tivesen oportunidade de convivir e interactuar entre eles. A continuación van unhas fotos deste día. Bo Camiño!!!!

     

FLORA E FAUNA

Neste tercero trimestre seguimos co Proxecto " Pasiño a pasiño imos polo bo camiño".

Coa chegada da primavera ,traballamos a flora e fauna da nosa contorna.

Entre todos os nenos e nenas de infantil do C.R.A

fixemos un album de cromos e estudiamos a entorna máis próxima.

Centrámonos nos animais e prantas, árbores, flores...aquí tedes o noso vídeo de presentación.

 

Para conseguir os cromos tiñamos que sair pola contorna e atopalos....

 

FLORA E FAUNA

@S NEN@S DO CRA DE NARÓN ELABORARON UN ALBUM DE CROMOS SOBRE A FLORA E FAUNA DA SÚA CONTORNA

 

                                                   

PATRIMONIO CULTURAL DA NOSA CONTORNA

TODO O CENTRO PARTICIPOU NO ESTUDO DO PATRIMONIO CULTURAL, DA NOSA CONTORNA,  ELABORANDO UN MURAL DOS EDIFICIOS OU LUGARES MÁIS REPRESENTATIVOS DO NOSO CONCELLO

 

 

XOGA NO CAMIÑO

 Con este xogo podedes investigar e xogar sobre cousas do Camiño

XOGO: VEXO, VEO, XACOBEO

Hoxe Bufiña trouxonos un xogo moi chuli do Camiño de Santiago para la pantalla.

Tiñamos que pasar varias probas para conseguir os cruños da nosa credencial

1.- Atopar coa lupa as cousas que levamos na nosa mochila

2.- As sinais do camiño

3.- Curiosidades 

Xogos de levar co dedo, palabras, memori...pasámolo xenial!

Xa estamos listos para facer a primeira etapa.....BO CAMIÑO!

         

       

        

       

VEXO,VEO,XACOBEO

A semana antes do Entroido tivemos unha visita motivadora para iniciar un proxecto no que estamos a participar "Vexo Veo Xacobeo".

 

VEXO VEO XACOBEO

 

O VENRES, DÍA DE 10 FEBREIRO, @S NEN@S DE INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA TIVERON UNHA XORNADA DE MOTIVACIÓN DUN CONTACONTOS PARA INICIAR O PROGRAMA VEXO VEO XACOBEO

       
            

BO CAMIÑO

 

Distribuir contido