MAIOS 2024

Dende o Concello de Narón queren animar á cidadanía a achegarse este sábado, día 11, á Praza de Galicia para colaborar na elaboración da alfombra floral dos Maios. A esa hora comezará a pintarse o deseño do artista local Leandro Lamas para, unha vez rematado, iniciar a colocación das flores. Trátase dunha proposta dirixida a persoas de todas as idades, cun marcado carácter interxeracional.

ADMISIÓN 2024-25 CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

  CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA   

 

 

 

Dende o día 17 de abril de 2024 quedarán expostas as listaxes do alumnado do proceso de admisión no interior das tres escolas que compoñen o CRA DE NARÓN,  así como na sede de San Xiao

  

 

 

  

          NORMATIVA REGULADORA

          SOLICITUDE DE ADMISIÓN

          FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

          MANUAL PARA AS FAMILIAS da APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

            SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

            ZONA DE INFLUENCIA DO CRA DE NARÓN

           PUNTO EXTRA

          HORARIO DE ENTREGA

          LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

 

DÍA DA MULLER

Para conmemorar o día da muller o 8 de marzo, dende o CRA de Narón coñecemos un pouquiño a traxectoria dalgunhas mulleres do mar importantes.

 

 

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUSTISMO

O pasado 2 de abril conmemoramos o Día Mundial de concienciación do autismo e sumándonos á proposta da federación de autismo elaboramos diversas actividades cuxo produto final se recolle neste vídeo. Agardámos que vos guste!

O CRA DE NARÓN VISITA A LONXA DE FERROL

Os días 5, 6 e 7 de marzo o alumnado do CRA de Narón visitou a Lonxa de Ferrol como una das saídas do seu proxecto anual "Mar Aberto". Resultou unha experiencia fantástica tanto para os nenos e nenas como para o profesorado. Aquí queda un breve reflexo do que fixemos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

No CRA celebramos o día de Rosalía de Castro en todas as escolas.

Ollade o vídeo para saber máis!

DÍA DE ROSALÍA. CRA DE NARÓN

Celebración do entroido

 

No CRA celebramos o entroido na escola de Domirón, facendo unha xuntanza das tres escoliñas cun desfile polas rúas, acompañado das familias, e unha merenda con postres típicos do entroido. Pasámolo xenial!

Moitas grazas a todas as persoas que participáchedes nesta xornada e nestas semanas de preparación!

 

ENTROIDO

Celebración do Nadal

 

Como cada ano, as escoliñas do CRA xuntámonos para celebrar todas xuntas e xuntos o Nadal.

Unha mañá moi divertida na que desfrutamos tod@s xunt@s do espectáculo de "Orquesta Pantasma", comemos un riquísimo chocolate con churros e xogamos coas nenas e nenos das tres escolas.

Foi unha xornada chea da maxia propia do Nadal.

CRA de Narón Nadal 23/24

Distribuir contido