Secretaría, Información, Impresos, Lexislación

ADMISIÓN 2024-25 CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

  CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA   

 

 

 

Dende o día 17 de abril de 2024 quedarán expostas as listaxes do alumnado do proceso de admisión no interior das tres escolas que compoñen o CRA DE NARÓN,  así como na sede de San Xiao

  

 

 

  

          NORMATIVA REGULADORA

          SOLICITUDE DE ADMISIÓN

          FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

          MANUAL PARA AS FAMILIAS da APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

            SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

            ZONA DE INFLUENCIA DO CRA DE NARÓN

           PUNTO EXTRA

          HORARIO DE ENTREGA

          LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

 

ANDAINA CONTORNA DOMIRÓN

O xoves pasado realizamos a 2ª andaina do noso proxecto " Pasiño a pasiño imos polo bo camiño".

A ruta foi: Escola de Domirón- Área recreativa do Couto.

Alí realizamos unha actividade para conmemorar o Día do Libro: Padriños lectores

Os nenos e nenas de educación primaria apadriñaron ós máis pequenos en pequenos grupos.

Eles mesmos escolleron, prepararon e leron un conto a cada grupo.

Fixéronno xenial,foi unha experiencia preciosa de convivencia e amizade!

Despois merendamos, xogamos e volta...

Resultou un día IN-CRÍ-BLE!!!!

ADMISIÓN CURSO 2022/2023

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

 

Do 11 de xaneiro  ao 8 de febreiro

Reserva de praza para o centro adscrito

Do 1 ao 20 de marzo

Prazo de presentación solicitudes de admisión

Do 23 de marzo ao 3 de abril

        ( 10 día hábiles)

Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo (no caso de non ter que baremar, non será preciso aportar documentación: publicaremos unha cousa ou outra na páxina web)

Antes do 25 de abril

Publicación listaxes provisionais

5 días hábiles

Período de reclamacións as listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do día da súa publicación

Antes do 15 de maio

Publicación listaxes definitivas

Prazo de 1 mes

Período reclamacións listaxes definitivas: 1 mes a partir do día da súa publicación.

Do 20 ao 30 de xuño

Formalización da matrícula.

Documentos necesarios:

-3 fotos tamaño carnet

-Fotocopia cartilla Seguridade Social

-Fotocopia do libro de vacinas

Rematado o prazo, se non se formaliza a matricula, pérdese o dereito á praza obtida.

                                                            

NOTA INFORMATIVA

NORMATIVA REGULADORA

PUNTO COMPLEMENTARIO DO CRA

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

CENTRO ADSCRITO E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

MAPA DA ZONA DE INFLUENCIA DA ESCOLA DE DOMIRÓN

INSTRUCIÓNS  2022-23

MANUAL PARA AS FAMILIAS da APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO 

HORARIO DE ENTREGA

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

VACANTES CURSO 2022-2023 

SORTEO DA LETRA EN CASO DE BAREMACIÓN 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA                                                           

 

  AVISO :  Este curso non houbo que baremar e todos e todas os que solicitaron praza no CRA está admitidos . 

Libros de Texto e materiais para o curso 2022-2023

Aqui tendes o listado de libros de texto e materiais escolares para o vindeiro curso escolar 2021-2022, pinchade encima do curso correspondente e podedes descargalo en formato pdf.

1º Primaria

3ºPrimaria

Educación Infantil

2º Primaria

4º Primaria

 

 

 

 

Reunións de Comezo do Curso 2020-2021

As reunións do comezo de curso quedan do seguinte xeito:

Martes 8 de Setembro:

Domirón:

10:00 horas -- 5º e 6º de Educación Infantil (4 e 5 anos)

11:30 horas -- 4º de Educación Infantil (3anos)

Sedes:

10:00 horas -- 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.

Val Primaria:

11:00 horas -- 1º e 2º de Primaria

12:00 horas --3º e 4º de Primaria.

Mércores 9 de Setembro:

Val Infantil:

10:00 horas -- 5º e 6º de Educación Infantil (4 e 5 anos)

11:30 horas --4º de Educación Infantil (3 anos)

 

Recordade que para este e todas as reunións que xurdan temos que respetar as medidas de seguridade da situación actual: mascarilla, hixiene de mans, distancia social...

 

INFORMACIÓN INICIO CURSO 20-21

Estimadas Familias :

Empeza un novo curso escolar . Será un curso diferente, pero temos a ilusión ,o compromiso e a competencia profesional para facer posible un camiño educativo ilusionante xunto con vós pese a todo. 

Estamos traballando para crear contornos seguros para desenvolver con éxito o currículum establecido . 
Presentarémosvos  o noso PLAN de ADAPTACIÓN para a situación COVID para o curso 2020-21 que estamos elaborando  así como o PROGRAMA DE ACOLLIDA : cambios temporais nas NOFC ( Normas de Organización e Funcionamento do Centro ) a vindeira semana en reunións informativas con aforo reducido e gardando as distancias de seguridade. É moi importante que acuda un dos proxenitores.

Serán o 8 e o 9  de setembro en función da Escola e nivel educativo.Concretaremos os horarios de cada grupo nesta páxina e por ABALAR.

Un saúdo.
Vémonos axiña.

Publicadas as listaxes definitivas de admisión 2020-21

FORON ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS.  

Podedes consultar as listaxes no taboleiro de anuncios no interior do centro ou accedendo á aplicación admisiónalumnos, se dispoñedes da chave 365 ou de certificado dixital. Non se publicarán as listaxes na web atendendo á Lei de Protección de Datos.

Distribuir contido