Inclue-T

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUSTISMO

O pasado 2 de abril conmemoramos o Día Mundial de concienciación do autismo e sumándonos á proposta da federación de autismo elaboramos diversas actividades cuxo produto final se recolle neste vídeo. Agardámos que vos guste!

PANXOLIÑAS NA ASOCIACIÓN NOSA SEÑORA DE CHAMORRO

Todo o alumnado da escola do Val desplazouse camiñando ata a asociación Nosa Señora de Chamorro para cantar unhas panxoliñas aos usuarios e profesionais. Foi unha experiencia fermósima tanto para tod@s eles coma para nós onde a diversidade nos enriqueceu a tod@s. Como agasallo levámoslles unha felicitación inclusiva con linguaxe Braille e con pictogramas.

VISITA AO CENTRO DE MAIORES

O pasado martes 19, fumos de visita ao centro de maiores DomusVi a cantar panxoliñas ás e aos maiores. Ademais, tíñannos preparados un montón de xogos e unha visita guiada a todas as estancias do centro.

Foi unha xornada chea de maxia, diversión e moito agarimo.

3 DE DECEMBRO: E TI, COMO O VES?

Grazas á colaboración da Asociación Nosa Señora de Chamorro, achegamos ao alumnado do CRA ás persoas con Discapacidade Intelectual. 

Para isto visualizamos a presentación e o conto sobre as persoas con discapacidade e puxemos os lentes de ver con tolerancia, inclusión e aceptación. 

E TI, COMO O VES?

 

3 de Decembro: E TI, COMO O VES? de Berta

3 DE DECEMBRO : DÍA DA DISCAPACIDADE

Para celebrar o día da discacidade recomedamos varios libros para leer: Wonder, Pepita es especial, Mi hermana Pepita, TEA, Topito Terremoto, Bolobo, El cazo de Lorenzo, Superniños, Pequeno azul, pequeno amarelo....

Distribuir contido