Iguala-T

DÍA DA FAMILIA: 15 DE MAIO

Todas a familias son diversas, e todas son especiais, no día da familia recomendamos: Con tango son tres, Por vosotros, Unha chea de familias, La familia C, Mamo, En familia,  As familias monomarentais dos Bolechas, Un puñado de botones...

A MULLER EN POSTOS DE RESPONSABILIDADE: LORENA

En 4º de educación primaria contamos con Lorena, a nai de Izan, para explicarnos a variedade de oficios que desempeñou: Xefa de mantemento de buques gaseiros, mantemento de grúas e actualmente no mantemento dos hospitais. Falou da importancia da prevención de riscos laborais, o alumnado probou os diferentes arneses e equipos de protección necesarios para o seu traballo. E remarcou a importancia de poñer en valor o papel da muller en postos de responsabilidade, sendo a xefa dun grupo de homes.

DÍA DA MULLER

Para conmemorar o día da muller o 8 de marzo, dende o CRA de Narón coñecemos un pouquiño a traxectoria dalgunhas mulleres do mar importantes.

 

 

OBRADOIRO DE CORRESPONSABILIDADE

Durante este mes de Xaneiro a alumnado de 6ºde EI das Escolas de Domirón e O Val e a Escola de Sedes, asistiron ao Obradoiro de Corresponsabilidade ofertado polo Concello de Narón. 

Ao longo destas catros sesións concienciáronse, grazas a Raquel, da necesidade dun reparto equitativo de tarefas, da visibilidade da maior carga de traballo doméstico e de coidados nas mulleres e no importante que é que nos coidemos entre nós.

Que bonito aprender isto de forma tan divertida!!

RECOMENDACIÓNS 8 M

8 de Marzo: Recomendamos Yo soy, Maruja Mallo, No soy perfecta, O país dos mandóns, Daniela Pirata, Las princesas también se tiran pedos etc

RECOMENDACIÓNS 25 N

Como recomendacións para a reflexión sobre esta data, o fomento da igualdade e da non violencia: Cuando las niñas vuelan alto, Arturo e Clementina, O país dos mandóns, Mamá al rescate, Voy conmigo, Rosa Caramelo....

 

OS BOLECHAS FALAN DAS FAMILIAS

Grazas a AAVV Irmandiños do Val que fixo o curso pasado o conto "Os Bolechas descobren a senda Ártabra", veu agora unha das bolechas a escola do Val para os nenos/as e familias de primaria co tema "Os Bolechas falan das familias.

De forma lúdica e didáctica os/as nenos/as puideron aprender sobre a aceptación e importancia da diversidade familiar, poñendo o foco nas familias monomarentais, comparar as familias humanas e animais, comprender as principais ocupacións e dificultades das nais e pais e interiorizar na necesidade de colaborar nas tarefas da casa

 

25N: CONTRA A VIOLENCIA, VERBAS DE CORAZÓN

Este 25 de Novembro amosamos aos nenos e nenas do CRA algunhas das consecuencias da violencia de xénero, como a tristeza, a través do conto Artur e Clementina de Adela Turín de Ed Kalandraka.

Despois cada quen creou a súa propia tartaruga cunha palabra que garadaría sempre no corazón para combater así a tristeza.

Quedaron todas moi bonitas.

 

 

ACTIVIDADES 25 N EN PRIMARIA E NA ESCOLA DO VAL

Todo o alumnado de primaria colaborou na elaboración do mural do 25 N, aquí queda unha pequena mostra do traballo dos nenos e nenas.

 

 

25 N: O CHUVASQUEIRO DE AURORA

@s nen@s de 3º de primaria traballaro o conto " O chuvasqueiro de Aurora" e fixeron uns fermosos chaveiros.

Distribuir contido