Que é o CRA?

Características, matrícula, obxectivos, historia.

INICIO CURSO 2022-23

As reunións do comezo de curso  para as instruccións antes de empezar e entrega de materiais  de ser o caso quedan do seguinte xeito:

Luns 5 de Setembro:

Domirón:

10:00 horas --  Todos/as :4º,5º e 6º de Educación Infantil 

Sedes:

10:300 horas -- 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.

Val Infantil:

9:30 horas --  Todos/as :4º,5º e 6º de Educación Infantil  

Val Primaria:

10:30 horas -- 1º e 2º de Primaria

11:00 horas --3º e 4º de Primaria.

 

BENVIDOS/AS de NOVO e FELIZ CURSO

Que é o CRA?

 
O CRA (Colexio Rural Agrupado) de Narón é unha escola de preto, un modelo educativo constituído por tres escolas que comparten profesorado e material didáctico.

A escola rural en Galicia.

Galicia presenta unha gran diseminación da poboación, o que motiva un mapa escolar moi heteroxéneo. A Lei Xeral de Educación de 1970 provocou que a meirande parte das escolas unitarias foran substituídas por concentracións escolares, pasando a ser o transporte dos alumnos un fenómeno xeralizado.

A partir de 1982 produciuse o proceso contrario; a Administración Educativa volveu poñer en funcionamento moitas escolas unitarias que pecharan, escolarizando nelas a alumnos de 3 a 5 anos e do ciclo inicial. As escolas rurais son consideradas de novo como institucións educativas idóneas e elementos de revitalización socioeconómica e cultural.

 

 Os colexios rurais agrupados, un novo modelo de educación rural.

A finais dos 80 nacen os colexios rurais agrupados (CRA) como instrumentos que serven para resolver mellor os problemas das escolas unitarias. No curso 1988-89 comezou en Galicia a formación dos tres primeiros Colexios Rurais Agrupados: Teo, Narón* e Santa Comba. O noso CRA ten xa máis de 20 anos de experiencia.

Que son os Colexios Rurais Agrupados?

Os CRA son agrupacións de escolas unitarias da zona rural constituíndo un so colexio público. As antigas escolas unitarias pasan a ser unidades do CRA, compartindo os órganos colexiados (Claustro, Consello Escolar, Comisión Económica, Comisión de Coordinación Pedagóxica, Equipos de Ciclo, Equipo de Normalización Lingüística...) e os órganos unipersoais (Dirección, Xefatura de Estudos, Secretaría). Ao profesorado titor de cada unidade engádese profesorado especialista itinerante de Educación Física, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe, Música, Idioma, Orientación e de Apoio.

A unión permite a dotación de profesorado e de equipamento material que non serían posibles se a escola unitaria estivera independente.

Cualidades da escola unitaria.

A escola unitaria, resolvendo as súas carencias, pode chegar así a converterse nun elemento educativo privilexiado, na que é posible:

* Unha educación personalizada.

* A relación doada coas familias.

* A relación inmediata con contornos naturais.

* O coñecemento alto do profesorado sobre o seu alumnado e o seu contorno.

Na zona rural a escola aberta significa esperanza e posibilidade de supervivencia, mentres que a escola pechada afonda o desánimo e o pesimismo.

O CRA é a escola máis de preto, de calidade, sen ir máis lonxe.

Sede: San Xiao, s/n. Narón - 15578.
Tlf. Dirección: 626 422 080 (de 9 a 14 horas). 

Correo electrónico:cra.naron@edu.xunta.es

Datos oficiais do Centro   Historia dos CRAs de Galicia

Distribuir contido