Proxectos e Actividades

LIMOADA E LARANXADA

Grazas limóns e laranxas sobrantes dos nosos maios, os nenos e nenas fixeron e degustaron limoada e laranxada.

OBRADOIROS DE PRIMAVERA

Preme na imaxe e disfruta das imaxes

XOGOS EN FAMILIA-VAL

En 4º de EI, tivemos outra xornada de xogos en familia. Viñeron Ángela , a nai de Teo, Cristina, a nai de Juan e María e Juan, a nai e o pai de Matteo . Con todos eles e elas os nenos e nenas gozaron xogando a "No asustes a la gallina", "piranha go" e "Pallina"

O ENFADO

Para traballar o sentimento do enfado lemos o conto do Segredo de Flora, o que nos permitiu conversar sobre eses momentos nos que nos sentimos enfadados, falamos que todos e todas nos podemos enfadar pero que o importante é como resolvemos ese enfado, primeiro calmándonos cantando a canción que nos ensinou Flora:

"  un,dous, tres o enfado polas mans

    un, dous , tres o enfado polos pés

    un dous tres, o enfado xa se vai

    un, dous tres, o enfado xa o botei"

E despois empregar a palabra para falar, explicar o que nos molesta, o que podemos facer cada un de nós ou os demais para mellorar esa situación.

AS EMOCIÓNS A TRAVÉS DOS CONTOS

Na aula de 4º de Educación infantil para reflexionar sobre as nosas emocións, empregamos os contos  como mecanismo para favorecer que os nenos/as compartan os seus sentimentos e como se sinten en distintas situacións. O longo de varias sesións coñecemos o coelliño protagonista de todos estes contos e como el vive o enfado, os celos, o amor, a tristeza. Depois de ler adicamos un tempo a contar as experiencias propias sobre cando temos un enfado e como tratar de solucionalo, cando temos celos por un xoguete que ten un compañeiro/a ou un irmán,etc.

XOGOS EN FAMILIA

Na clase de 4º de EI viñeron a xogar Marta, a nai de Mai, Ángel, o pai de Martín e Jéssica, a nai de Martina. Con eles tres disfrutaron xogando ao dominó de animais, os monos locos e os poliños no galiñero. Foi un tempo fantástico na que os nenos/as e familias pasárono xenial.

A LECTO-ESCRITURA CON DIVERSOS TIPOS DE MATERIAIS

Para favorecer a iniciación, o progreso e afianzamento da lectoescritura os/as nenos/as traballan a través de distintas actividades e con materiais moi diversos para que dunha forma lúdica aprendan e disfruten.

Aquí podedes ver distinas actividades dos tres niveis de educación infantil.

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO

Os nenos e nenas de educación infantil de escola do Val para conmemorar o día mundial da saúde recrearon algúns dos elementos  do lema deste ano 2024 , centrado na defensa dos dereitos de todas as persoas, onde sexa que se atopen , teñan acceso os sistemas de saúde, a educación , a información de calidade, a auga potable, aire limpo, boa alimentación, vivenda de calidade...

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: OBRADOIRO DE XOGOS SIMBÓLICOS SOBRE A SAÚDE

Os nenos e nenas de educación infantil pasaron unha xornada xenial xogando a distintas activiades simbólicas sobre a saúde.

XOGOS EN FAMILIA IV

Os nenos e nenas de 6º de EI da Escola do Val gozaron de outra xornada de xogos en familia grazas a Noelia, a mamá de Claudia,  e a David e Raquel, o pai e nai de Candela. Pasárono en grande cos distintos xogos de mesa: 2 xogos de Carapuchiña vermella ( "Little red riding hood"  e "Caperucita Roja" ) e Let`s go fishin.

Distribuir contido