Información

ANDAINA CONTORNA DOMIRÓN

O xoves pasado realizamos a 2ª andaina do noso proxecto " Pasiño a pasiño imos polo bo camiño".

A ruta foi: Escola de Domirón- Área recreativa do Couto.

Alí realizamos unha actividade para conmemorar o Día do Libro: Padriños lectores

Os nenos e nenas de educación primaria apadriñaron ós máis pequenos en pequenos grupos.

Eles mesmos escolleron, prepararon e leron un conto a cada grupo.

Fixéronno xenial,foi unha experiencia preciosa de convivencia e amizade!

Despois merendamos, xogamos e volta...

Resultou un día IN-CRÍ-BLE!!!!

Instruccións para o desenvolvemento do 3º Trimestre

Xa están dispoñibles  as  Instrucións do 27 de abril da Consellería para o desenvolvemento do terceiro trimestre

 

 

A Consellería ven de publicar as instrucións definitivas de como se desenvolverá o terceiro trimestre do curso. Nelas podedes ler información relativa ao calendario escolar, adaptación da actividade, titoría, currículo e adapatación das programacións e avaliación e promoción, entre outras.

Distribuir contido