Secretaría
ADMISIÓN 2024-25 CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA
Dende o día 17 de abril de 2024 quedarán expostas as listaxes do alumnado do proceso de admisión no interior das tres escolas que compoñen o CRA DE NARÓN, así como na sede de San Xiao
MANUAL PARA AS FAMILIAS da APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO
ZONA DE INFLUENCIA DO CRA DE NARÓN
LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
ADMISIÓN CURSO 2022/2023
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA
Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro |
Reserva de praza para o centro adscrito |
Do 1 ao 20 de marzo |
Prazo de presentación solicitudes de admisión |
Do 23 de marzo ao 3 de abril ( 10 día hábiles) |
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo (no caso de non ter que baremar, non será preciso aportar documentación: publicaremos unha cousa ou outra na páxina web) |
Antes do 25 de abril |
Publicación listaxes provisionais |
5 días hábiles |
Período de reclamacións as listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do día da súa publicación |
Antes do 15 de maio |
Publicación listaxes definitivas |
Prazo de 1 mes |
Período reclamacións listaxes definitivas: 1 mes a partir do día da súa publicación. |
Do 20 ao 30 de xuño |
Formalización da matrícula. Documentos necesarios: -3 fotos tamaño carnet -Fotocopia cartilla Seguridade Social -Fotocopia do libro de vacinas Rematado o prazo, se non se formaliza a matricula, pérdese o dereito á praza obtida. |
PUNTO COMPLEMENTARIO DO CRA
CENTRO ADSCRITO E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
MAPA DA ZONA DE INFLUENCIA DA ESCOLA DE DOMIRÓN
MANUAL PARA AS FAMILIAS da APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO
LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
SORTEO DA LETRA EN CASO DE BAREMACIÓN
AVISO : Este curso non houbo que baremar e todos e todas os que solicitaron praza no CRA está admitidos .
Libros de Texto e materiais para o curso 2022-2023
Aqui tendes o listado de libros de texto e materiais escolares para o vindeiro curso escolar 2021-2022, pinchade encima do curso correspondente e podedes descargalo en formato pdf.
Reunións de Comezo do Curso 2020-2021
As reunións do comezo de curso quedan do seguinte xeito:
Martes 8 de Setembro:
Domirón:
10:00 horas -- 5º e 6º de Educación Infantil (4 e 5 anos)
11:30 horas -- 4º de Educación Infantil (3anos)
Sedes:
10:00 horas -- 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.
Val Primaria:
11:00 horas -- 1º e 2º de Primaria
12:00 horas --3º e 4º de Primaria.
Mércores 9 de Setembro:
Val Infantil:
10:00 horas -- 5º e 6º de Educación Infantil (4 e 5 anos)
11:30 horas --4º de Educación Infantil (3 anos)
Recordade que para este e todas as reunións que xurdan temos que respetar as medidas de seguridade da situación actual: mascarilla, hixiene de mans, distancia social...
INFORMACIÓN INICIO CURSO 20-21
Estimadas Familias :
Empeza un novo curso escolar . Será un curso diferente, pero temos a ilusión ,o compromiso e a competencia profesional para facer posible un camiño educativo ilusionante xunto con vós pese a todo.
Estamos traballando para crear contornos seguros para desenvolver con éxito o currículum establecido .
Presentarémosvos o noso PLAN de ADAPTACIÓN para a situación COVID para o curso 2020-21 que estamos elaborando así como o PROGRAMA DE ACOLLIDA : cambios temporais nas NOFC ( Normas de Organización e Funcionamento do Centro ) a vindeira semana en reunións informativas con aforo reducido e gardando as distancias de seguridade. É moi importante que acuda un dos proxenitores.
Serán o 8 e o 9 de setembro en función da Escola e nivel educativo.Concretaremos os horarios de cada grupo nesta páxina e por ABALAR.
Un saúdo.
Vémonos axiña.
Publicadas as listaxes definitivas de admisión 2020-21
FORON ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS.
Podedes consultar as listaxes no taboleiro de anuncios no interior do centro ou accedendo á aplicación admisiónalumnos, se dispoñedes da chave 365 ou de certificado dixital. Non se publicarán as listaxes na web atendendo á Lei de Protección de Datos.
PRAZOS FONDO SOLIDARIO de LIBROS DE TEXTO ( 3º e 4º de Primaria) e de AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR ( 1º e 2º de Primaria)
- 19 de xuño: remata o prazo de presentación de solicitudes
- Antes do 30 de xuño: publicación das listaxes provisionais.
- 1 e 2 de xullo: reclamación ás listaxes provisionais.
- 6 de xullo: publicación das listaxes definitivas.
-Do 6 ao 10 de xullo : recollida dos VALES para entregar nas librarías (na sede de San Xiao de 9:00 a 14:00)
A entrega dos libros de 3º e 4º lles correspondan farase no mes de setembro
Un saúdo. A dirección
PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS EN ABALAR MÓBIL
Comunicamos a todas as familias que, neste terceiro trimestre, e ao igual que no segundo, deberedes consultar as cualificacións dos vosos fillos a través da aplicación AbalarMóbil. Non se entregarán as cualificacións de xeito presencial para seguir mantendo, sempre que sexa posible, as medidas de seguridade por mor do COVID-19.
Aquelas familias que teñades problemas para consultar as cualificacións a través de AbalarMóbil, deberedes solicitar o envío das mesmas, vía correo electrónico, e realizando a petición a: cra.naron @edu.xunta.gal
Un saúdo. A dirección
Listaxe de libros de texto 2020-21
A continuación tendes a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020-21, pinchando na icona podedes descargar o listado correspondente a cada curso, salvo na Educación Infantil que é un só documento.
Educación infantil:
Educación primaria:
1º Primaria
2º Primaria
3º Primaria
4º Primaria
No propio documento ven explicado cómo proceder coa adquisión dos mesmos.
PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA O CURSO 2020-2021
Publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluidos para o vindeiro curso 2020-2021.
Todas as solicitudes de 4º de Ed. Infantil foron admitidas nas escolas solicitadas en primeira opción .
Non podemos poñer aquí a listaxe pola Lei de protección de datos, podedes pasar pola sede de san Xiao a consultala ou podedes miralo na páxina da Xunta admisionalumnado se tedes carnet dixital , certificado electrónico ou a chave 365.
Seredes avisados dos seguintes prazos pola páxina web.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »