Educación física

Cómo podemos contactar co mestre de EF.

Se tendes algunha dúbida ou queredes máis xogos, ou para calquer outro tema que xurda, podedes contactar a través da Aula Virtual do Centro, enviandome unha mesaxe. Ou ao meu correo cesar.vinas@edu.xunta.es.

Aula Virtual

Un Circuito...de andar por Casa

Ola a todas/os:

Para rematar este extraño fin de curso, traemos un circuito caseiro, de andar por casa, que podemos facer facer con cousas que todos temos na nosa casa, na ficha damos algunha opción pero se non tendes podedes usar o que argalledes para iso... O circuito ten 3 niveis de dificultade pero podedes inventar outros....

Tamén as/os que queirades podedes grabar un video e mandarno a cesar.vinas@edu.xunta.gal ou a inicroboticaval@gmail.com, e así podo ver o ben que o facedes...

Pinchando na imaxe podedes descargar a ficha explicativa do circuito, esperamos que vos guste!!!

Novas propostas para Xogar na Casa

Ola a todas/os:

Hoxe traemos duas propostas máis para estos días, unha e un xogo motriz de moito movemento, velocidade e capacidade de reacción, onde as nenas e nenos teñen que moverse rápido para conseguir o obxectivo, tratase do xogo do raposo.

Por outro lado temos unha proposta mais tranquila para traballar a respiracións e mellorar a nosa forma de soprar e respirar a traves de pelotas de ping-pong.

Pinchame na icona correspondente para descargar a explicación do mesmo.

                                                                           

Recursos con moita LIX para ficar na casa

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) presenta o PADLET "Recursos con moita LIX para ficar na casa", onde se recopilan recursos dixitais para que os cativos e as cativas pasen un confinamento na casa máis entretido. Trátase de diferentes iniciativas aptas para todas as idades, dun xeito sinxelo de consultar.

https://padlet.com/galixblog/vy936q0zcf68

 

Esperamos que sexa do voso interese, unha bateria de propostas e recursos.

 

Día das Letras Galegas

Con motivo das Letras Galegas, e coincidindo co Día Mundial do Reciclaxe, desde o CRA de Narón, tíñamos unha proposta que tivemos que adaptar as circunstancias actuais, aqui tendes o resultado.

As Voces son do alumnando de 4º de Primaria, o cal agradecemos a súa participación: Vera, Aroa, Hugo, Lara, Sofía, Carolina, Irene e Ainhoa moitas grazas pola vosa colaboración.

Día das letras Galegas 2020: Carballo Calero

 

 

O Día Mundial do Reciclaxe nun Conto, de Pilar G. Muñiz.

 

Móvete connosco na Casa

A Xunta de Galicia ven de crear o programa Móvete connosco na Casa onde presenta propostas para poder facer nas nosas casas.

Aqui tendes as primeiras:

Velocidade de reacción:

 

 Forza-Resistencia do Tren Inferior:

 Iniciación ao Ioga:

 

Cun Globo...

Ola de novo!!

Agora traemos uns xogos sinxelos, pero divertidos para pasar un rato xogando en familia, so tes que ter globos na casa, comeza pinchando no globo para poder descargar as instruccións.

Eu móvome na Casa

Outra aportación desde a rede, a autoría pertence a varias persoas. Ao pinchar na actividade ábrese un video que explica o xogo, e podemos ver o autor.

Pincha no taboleiro para baixar o pdf.

MuevetEF pero na Casa

Mirando pola rede atopamos, creado por Miguel Ángel Azorín, un xogo para toda a familia, estades listos?....pois a xogar!!!

 

O CRA Resistirá

Xa temos o resultado da montaxe, grazas a todas as familias pola vosa participación. Aqui podedes ver como quedou:

 

 

 

Na aula virtual do Centro, podedes descargar o video no cos seus cores orixinais, en sepia o con corrección de cor, esperamos que vos guste.

Moito ánimo!!

 

 

Estimadas familias:

 

Xa está ben de tanto traballo e angustias , toca divertirse un rato, e para iso traemos unha proposta: grabarlle un video duns 10 segundos de duración aproximadamente, se é máis tempo non pasa nada (sempre co móbil en posición horizontal) as nenas e nenos facendo playback, ou cun debuxo, unha mensaxe de ánimo, desfrazados, coa familia, ou o que queiran, do himno deste confinamento "Resistiré", e mandalo a vosa titora, ou a conta de correo electrónica inicroboticaval@gmail.com. Incluso podedes mandar tantos videos como queirades ata a data limite, en función da cantidade usaremos un ou varios.

 

Entre todos os vídeos recibidos faremos unha montaxe para subir a YouTube e dar ánimos a xente, e tamén para que a familia poda ver as nenas e nenos.

 

A data límite para envialo será o luns 6 de abril. Animadevos e participade!!!

 

Entenderemos qué quen mande o vídeo acepta e permite que o subamos a YouTube e a súa difusión por Internet.

 

Saúdos e moitos ánimos!!!

Distribuir contido