O CRA Resistirá

Xa temos o resultado da montaxe, grazas a todas as familias pola vosa participación. Aqui podedes ver como quedou:

 

 

 

Na aula virtual do Centro, podedes descargar o video no cos seus cores orixinais, en sepia o con corrección de cor, esperamos que vos guste.

Moito ánimo!!

 

 

Estimadas familias:

 

Xa está ben de tanto traballo e angustias , toca divertirse un rato, e para iso traemos unha proposta: grabarlle un video duns 10 segundos de duración aproximadamente, se é máis tempo non pasa nada (sempre co móbil en posición horizontal) as nenas e nenos facendo playback, ou cun debuxo, unha mensaxe de ánimo, desfrazados, coa familia, ou o que queiran, do himno deste confinamento "Resistiré", e mandalo a vosa titora, ou a conta de correo electrónica inicroboticaval@gmail.com. Incluso podedes mandar tantos videos como queirades ata a data limite, en función da cantidade usaremos un ou varios.

 

Entre todos os vídeos recibidos faremos unha montaxe para subir a YouTube e dar ánimos a xente, e tamén para que a familia poda ver as nenas e nenos.

 

A data límite para envialo será o luns 6 de abril. Animadevos e participade!!!

 

Entenderemos qué quen mande o vídeo acepta e permite que o subamos a YouTube e a súa difusión por Internet.

 

Saúdos e moitos ánimos!!!