Ed. infantil

O CRA NO CAMIÑO INGLÉS

Todo o centro, fixemos un tramo do camiño inglés dentro do Plan Proxecta Vexo Veo Xacobeo:" O CRA no camiño".

En concreto fomos ata o albergue de peregrinos, xa no Concello de Neda. Alí recibíronnos as concelleiras de Neda, Angeles Puentes e Marián Bello que fixeron de guías para os nosos nenos e nenas;  dende aquí queremos dar as grazas ao Concello de Neda pola súa amabilidade e trato dende que nos puxemos en contacto con eles para que nos abrisen as portas do Albergue Municipal.

Unha vez visitado o albergue merendamos todos xuntos e tivemos un tempo de xogo para que os nenos e nenas das diferentes escolas tivesen oportunidade de convivir e interactuar entre eles. A continuación van unhas fotos deste día. Bo Camiño!!!!

     

Buzón da amizade

O noso amigo,o esquelete Samuel, visitounos de novo e  deunos unha sorpresa. Trouxonos unha carta e este agasallo que nun principio non sabíamos para que era. Despois de ler a carta que nos traía, xa o entendimos, explicounos como era a estructura dunha carta e deixounos este buzón da amizade para decoralo e facer uso del. 

Entre todos decidiron como decoralo, elixiron poñerlle corazóns e cada un fixo o seu e pegouno onde máis lle gustou. Unha vez feito xa estaban desexando estrenalo, así que, cada un escribiu unha carta ao seu amiguiño ou amiguiña e a meteron no buzón. Agora cada día o encargado ten unha nova tarefa que é repartir a correspondencia que chegou ao buzón ese día. 

Está sendo moi motivador, podedes ver a cantidade de cartas que ten o buzón!!

 

                                                 

   

Recreando emocións en 6º EI Domirón

               

 

                                               

REXISTRO DE ACTIVIDADES FÍSICAS EN FAMILIA

UNHA DAS ACTIVIDADES DO TERCEIRO TRIMESTRE FOI COA AXUDAS DAS FAMILIAS , FIXEMOS UN REXISTRO  DAQUELAS ACTIVIDADES QUE AS FAMILIAS DA NOSA ESCOLA REALIZAN NA CASA, CUBRIRON UN DÍPTICO QUE DESPOIS ANALIZAMOS EN CADA AULA.

  

PROPOSTAS CON FLORES

                                                   Dada a gran colaboración do alumnado aportando flores para os maios, aproveitamos para facer varias actividades con elas. 

                               Algunhas xa as coñecíamos pero outras non, entón adicamos un ratiño a buscar que nome tiñan para ampliar o noso vocabulario da flora da contorna.

                                                                                              Tamén as ulimos, tocamos, apreciamos as súas bonitas cores.. 

 

 

                             Despois fxeron unhas fermosas composicións artísticas con elementos naturais,  cada un deixou voar a súa imaxinación e sairon cousas marabillosas. 

 

 

 

                                                                                      

 

                                                                       Tamén houbo tempo para  experimentar, manipular e crear diferentes perfumes de flores naturais. 

 

 

                     

                          As diferentes fragrancias ían etiquetadas cada unha co seu nome e como podedes ver tamén as ían probando a ver cal era a que máis lle gustaba a cada un.

 

 

 

Mellorando a convivencia

A roda dos conflitos foi un recurso que nos axudou moito a mellorar a convivencia da nosa aula. 

Primeiro eflexionamos entre todos e todas cales eran as principais causas dos conflitos, fixemos dramatizacións de diferentes situacións , así como tamén falamos de como se podían evitar ou buscar unha solución da forma máis pacífica posible.  De forma conxunta decidimos que apartados tería a nosa roda e este foi o resultado. 

 

                                                                                               

 

                                                                                                                                                     

Os primeiros días  a figura do adulto  tiña que estar presente como guía para buscar solucións, pero en moi pouco tempo xa resolvían os conflitos de forma autónoma chegando eles mesmos a acordos e recurrindo a ela tantas veces como consideren que é necesario. 

 

Poesía con sentimento

Neste 2º Trimestre, como parte das propostas de Biblioteca, estivemos a traballar a poesía. Alén de ler moitos poemarios, reflexionamos que a poesía pode ser moi variada.

Despois comezamos a traballar os tipos de palabras, creando o noso propio banco de palabras. 

Elexindo palabras ao azar compuxemos as nosas frases poéticas e asociamos a estas unha emoción. E así nace o  poemario que aquí vos presentamos tamén en formato e-book. 

Agardamos que o pasedes tan ben lendo coma nós facendo.

 Poesía con sentimento

IOGA NA ESCOLA DE DOMIRÓN

Os nenos e nenas de 5 anos compartiron con nos unha sesión de ioga na que nos ensinaron moitas posturas e como conseguían concentrarse e calmarse. Nos copiamos deles e tamén o fixemos bastante ben, como nos gusta o ioga!!!!.Deixámosvos unhas fotos dalgunha das sesións que compartimos

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS: COMO ME SINTO HOXE?

Na clase xunto ao espazo  da calma temos unha zona na que hai unha especie de estación onde podemos reflexar como me sinto hoxe?. Non é para facer todos os días, é para que se un día reflexionamos sobre deste tema ou ocorre algo que poida ser motivo de reflexión do noso estado de ánimo poidamos ir á estación do ánimo e reflexar alí como nos sentimos. 

A continuación van unhas fotos dos nenos/as da clase colocando a súa foto no estado de ánimo dacordo ao que eles consideran que están sentindo nese momento.

 

VEN A SEDES!

Este video de promoción da parroquia de Sedes enmárcase no Proxecto de Centro, Pasiño a Pasiño  imos polo no camiño. Dado que a  primeira camiñata será en Sedes facemos un video promocional da parroquia cos espazos máis detacados para o alumnado de SEDES.

Agardamos gostedes moito.

 

 

 

 

 

Distribuir contido