Primaria

O HORTO

Azucena, a nai de Paloma, Laura , a nai de Ramón e Tamara , a nai de Vera, fixeron co alumnado de 1º de primaria un horto. Con unha cenoria, un brócoli e un tomate de goma eva , que adornaron con ollos, boca.. Despois contáronnos unha historia e fixeron unha tartaruga. Como borche final trouxeron unha leituga de agasallo para cada neno/a para levar e plantar na casa.

SESIÓN DE IOGA, CONTO E MADALENAS

Rosalía, a nai de Adrián  e Ruth a nai de Martín, realizaron dúas actividades co alumnado de primeiro. Iniciaron con unha sesión de ioga na biblioteca e despois xa na aula leron un conto sobre un vampiro e o ratón Pérez, para retamar cada neno e nena decorou unha madalena con forma de vampiro.

OFICIOS NO MAR

 Alejandro , o pai de Nicolás, explicou en cuarto de primaria os seus oficios como mecánico dos motores dos barcos e dos helicópteros cando estaba embarcado, as súas actuacións en misión humanitarias o longo do mundo e actualmente como mestre ensinando a navegar.

VANESA FÁLANOS DE TODOS OS SEUS TRABALLLOS

Vanesa, a nai de Carmen, contounos todos os seus traballos: Perruqueira, monitora na escola do Val en mañanceiros, limpando en casas, o centro de saúde e axudando a xente maior, preparando as equipacións do fútbol dos xogadores e xogadoras nas categorias máis altas, a cantina do clube fútbol ... un expemplo para os nenos e nenas de que ainda facendo moitas cousas pode con todo. E trouxo uns pequenos agasallos para todos/as para animar o equipo, uns marcadores de libros con forma de pelota...etc. Moitas grazas Vanesa!

 

OBRADOIRO DE REPOSTERIA E FLORES

Teresa, a nai de Hugo e a súa avoa , realizaron dúas actividades na aula de primeiro. Axudaron aos nenos/as a adornar o seu queique de iogur con crema de cacao branco e negro , fideos  de chocolate, corazóns de azucre... E a segunda parte da sesión  cada neno/a debuxou un xarrón nunha lámina , e depois debuxaron as flores con estampado de corchos, palliñas...etc.

A MULLER EN POSTOS DE RESPONSABILIDADE: LORENA

En 4º de educación primaria contamos con Lorena, a nai de Izan, para explicarnos a variedade de oficios que desempeñou: Xefa de mantemento de buques gaseiros, mantemento de grúas e actualmente no mantemento dos hospitais. Falou da importancia da prevención de riscos laborais, o alumnado probou os diferentes arneses e equipos de protección necesarios para o seu traballo. E remarcou a importancia de poñer en valor o papel da muller en postos de responsabilidade, sendo a xefa dun grupo de homes.

TRABALLOS COAS MANS GRAZAS A MARÍA E VERÓNICA

Verónica , a nai de Zeltia, e María , a nai de Catalina, trouxeron unha actividade moi divertida para os nenos e nenas de segundo de primaria. Con arxila fixeron pequenas abellas e unha colmea. Foi unha xornada de convivencia moi divertida para todos/as.

CIENCIA E EXPERIMENTOS

Na aula de 4º de educación primaria contamos coa visita de Eva, a nai de Irene, para contarnos sobre o seu traballo como profesora de química e todas as cousas que fai un/unha químico/a. Con ela os/as nenos e nenas fixeron varios experimentos: facer mesturas, crear unha tinta invisible mesturado varios produtos e escribir mensaxes secretos, etc.

CHARLA DA DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO

A dirección xeral de tráfico realizou uha charla informativa para o alumnado de 3ª de educación primaria. Nela recordaron as normas de tráfico, sinais como condutor e como peón...

Distribuir contido