Emociona-T

O ENFADO

Para traballar o sentimento do enfado lemos o conto do Segredo de Flora, o que nos permitiu conversar sobre eses momentos nos que nos sentimos enfadados, falamos que todos e todas nos podemos enfadar pero que o importante é como resolvemos ese enfado, primeiro calmándonos cantando a canción que nos ensinou Flora:

"  un,dous, tres o enfado polas mans

    un, dous , tres o enfado polos pés

    un dous tres, o enfado xa se vai

    un, dous tres, o enfado xa o botei"

E despois empregar a palabra para falar, explicar o que nos molesta, o que podemos facer cada un de nós ou os demais para mellorar esa situación.

AS EMOCIÓNS A TRAVÉS DOS CONTOS

Na aula de 4º de Educación infantil para reflexionar sobre as nosas emocións, empregamos os contos  como mecanismo para favorecer que os nenos/as compartan os seus sentimentos e como se sinten en distintas situacións. O longo de varias sesións coñecemos o coelliño protagonista de todos estes contos e como el vive o enfado, os celos, o amor, a tristeza. Depois de ler adicamos un tempo a contar as experiencias propias sobre cando temos un enfado e como tratar de solucionalo, cando temos celos por un xoguete que ten un compañeiro/a ou un irmán,etc.

AMOR E AMIZADE

Ainda que o amor é unha das emocións que nos acompaña cada día , no  mes de febreiro, adicamos un tempiño para reflexionar dese agarimo especial que sentimos  polas persoas que nos rodean, tanto familia como amizades. Comezamos coa lectura de contos relacionados coa temática, un dos seleccionados  foi  "Te quiero (casi siempre) " de Anna Llenas. Tamén fixemos unha manualidade estampando corazóns co cartón do papel hixiénico e poñendo a unha ou varias persoas que levan nos seus corazóns. E rematamos cunha dinámica de pasar un corazón con pinzas e dicir algo bonito do amiguiño ou amiguiña ao que llo pasaba, traballando así tamén a autoestima e amor propio. 

A LEDICIA DO NADAL

A ledicia é un sentimento propio d@s nen@s durante o Nadal , pola maxia destas datas. A través do conto "Sempre Nadal", traballamos esta emoción e @s nen@s expresaron aquelas situacións que lles fan sentir ledicia

 

 

TEATRO: UN PEZ EN MI CORAZÓN

No marco da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil organizada polo Concello de Narón, acudimos ao auditorio á obra "Un pez en mi corazón" da compañía basca Mar a Mar Teatro. A superación de medos co mar como contexto, foi o fío conductor, ambos aspectos relacionados co traballo das últimas semanas no CRA.

Inclúense no Programa Emocióna-T e no Plan de Benestar que desenvolvemos no presente curso.

SAMAÍN NA ESCOLA (PARTE II)

Como lectura de Samaín, para axudar a afastar os medos, lemos o conto "Sacapenas" de Kalandraka, onde Bieito ten tantos medos que lle preocupan que non é quen de durmir. Para solucionar isto a súa avoa axúdalle a facer os bonecos sacapenas, típicos da cultura guatemalteca, que só con contarlle as súas preocupacións, axúdanlle a durmir ben.

Coa chegada da noite de Samaín, na Escola de Sedes aproveitamos para traballar a emoción do medo, falar sobre ela, identificala e expresala. Isto forma parte das actividades do Plan de benestar e do Programa Emociona-T.

Cada quen realizou o seu propio Sacapenas, escollendo cores, ensartando, atando e peinando.
Xa podemos durmir ben porque co noso Sacapenas..., fora medos!!!

 

OS MEDOS

Na semana do Samain, traballamos o tema do medo mediante o conto de "Gustavo, el fantasma tímido", falamos sobre que é a emoción do medo, que cousas lles daban medo, e pesamos que o melllor para combatilo era crear unha apócema antimedos.

 

APÓCEMA ANTIMEDOS

Para espantar os nosos medos elaboramos  unha apócema antimedos, con uns ingredientes moi especiais:

Pis de rato, escamas de serpe, sal da cova dos morcegos e pelo de gato negro.

MENSAXES NUNHA BOTELLA:O BENESTAR EMOCIONAL AO COMEZAR A ESCOLA

Para comezar a escola pedimos as familias que deixaran escrita unha mensaxe de ánimo, para favorecer o benestar dos máis pequenos.

Mediante un xogo @s nen@s tiveron que buscar a súa botella e despois leemolas na clase, o que reconfortou @s nen@s.

     
 
Distribuir contido