Proxectos e Conmemoracións

SEMANA DA PRENSA

Para Conmemorar a Semana da Prensa no mes de marzo, no C.R.A. traballamos o xornal.

Aquí tedes un vídeo coas actividades e propostas desa semana dos nenos e nenas de infantil e primaria.

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

No CRA celebramos o día de Rosalía de Castro en todas as escolas.

Ollade o vídeo para saber máis!

DÍA DE ROSALÍA. CRA DE NARÓN

VISITA DE 1º E 2º DE EP A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN

O alumnado de 1º e 2º de EP acudiron a dúas  das bibliotecas que ten o noso Concello, situadas no local da Mocidade e na propia Biblioteca Municipal. No primeiro dos lugares coñeceron a sala de informática e a zona de libros e xogos de mesa, no cal gozaron con distintos xogos. No segundo dos edificios lles explicaron como se clasifican os libros, como é o sistema de préstamo e leeronlles dous contos para finalmente  por parellas ollear os contos que desexaron.

 

ARTE E LIXO: XERME DO SIMBOLISMO NA ESCOLA DE SEDES

 

Despois de ter recollido o lixo no areal da Frouxeira, e unha vez xa limpo e seleccionado, observamos a obra de @retoqueretro_ , que vos animo a coñecer.

A impresión foi tal, que decidimos facer nos tamén as nosas propias obras. A creación foi completa por parte do grupo. Pensalos, coordinarse, desbotar propostas e integrar as nova. Un incrible traballo en equipo que deu os marabillosos froitos que vedes a continuación. 

Arte efímera en toda regla.

LIMPAMOS O AREAL DA FROUXEIRA

 

Dentro do Proxecto Global que levamos adiante no CRA sobre o mar, decidimos ir limpar á praia da Frouxeira, como medio para concienciar sobre a importancia de coidar o noso medio, un paso necesario para coidar o medio mariño e todo o que este abrangue.

Tivemos un clima estupendo e foi unha bonita primeira saída na que partipamos todo o CRA. 
Limpamos, observamos espazos que non coñeciamos da nosa contorna como as casiñas de avistamento de aves da Lagoa ou as zonas protexidas para a reproducción da Píllara, merendamos e xogamos.

BARQUIÑOS DE PAPEL

 

Cando recibimos a carta de Bufiña, entusiasmounos saber sobre o mar e as viaxes en barco, así que decidimos facer o noso propio barquiño de papel.

1.- pintamos o papel con ceras

2.- dobramos o papel seguindo os pasos


3.- puxemos o noso barco a nevegar

 

CÓMIC- 5º INFANTIL-VAL

No terceiro trimestre empregamos o  Cómic como recurso para traballar a resolución de conflitos.

Lemos cómics, vimos as súas partes( tipos de bocadillos ou globos, onomatopeias e viñetas).

Partimos dos distintos tipos de bocadillos con emocións, estados de ánimo e accións negativas ou positivas.

 E entre tod@s decidimos que conflitos queremos representar nas esceas das nosas viñetas.

Pasámolo xenial, aprendimos moitas cousas e enganchámonos os cómics...

polo que decidimos retomar este tipo de texto para o vindeiro curso.

Aquí tedes o resultado, esperamos que vos guste tanto como a nós!

 

CONTINUARÁ...

 

Poesía con sentimento

Neste 2º Trimestre, como parte das propostas de Biblioteca, estivemos a traballar a poesía. Alén de ler moitos poemarios, reflexionamos que a poesía pode ser moi variada.

Despois comezamos a traballar os tipos de palabras, creando o noso propio banco de palabras. 

Elexindo palabras ao azar compuxemos as nosas frases poéticas e asociamos a estas unha emoción. E así nace o  poemario que aquí vos presentamos tamén en formato e-book. 

Agardamos que o pasedes tan ben lendo coma nós facendo.

 Poesía con sentimento

ADIVIÑA O CONTO-DÍA DO LIBRO

DÍA 23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO

Para conmemorar esta data, realizamos varias actividades no C.R.A.

1.- PADRIÑOS LECTORES:

O xoves pasado aproveitamos a nosa andaina pola contorna de Domirón

para realizar unha actividade tod@s xunt@s.

Os nenos e nenas de educación primaria leron ós nenos e nenas de educación infantil

un conto en pequenos grupos.

Os maiores escolleron, prepararon e por un día... apadriñaron os máis pequenos coa súa lectura.

Fixéronno xenial, moitas grazas a tod@s!

Foi un día moi especial

2.- XOGO: ADIVIÑA O CONTO:

O xogo consiste en adiviñar o título do conto seguindo as pistas dos debuxos.

Moita sorte!

Traballo realizado pola profe Vanesa de A.L. Grazas

 

 

23 de Abril de 2023: Día do libro con Pepablo

Para conmemorar o día do libro o Concello ofertou aos nen@s de 1º de Educación Primaria a visita do escritor Pepablo. Contoulles uha morea de historias do conto Lúa,para reflexionar sobre problemas da sociedade como as guerras, as froteiras entre os pobos ou as diferenzas sociais


 

 

       PARA REMATAR AGASALLOU Ó CENTRO CON               EXEMPLARES DO SEU CONTO  PARA A BIBLIOTECA

Distribuir contido