Domirón

PREPARANDO O HORTO

Onte veu Daniel, o papá de Martín, para axudarnos a preparar e inaugurar o noso hortiño.

As nenas e nenos da escola foron por grupiños a plantaron fresas, patacas, calabacíns, berzas e pementos.

Unha mañá chea de conexión coa natureza e co grupo!

 

Moitas grazas, Daniel!

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Na escola de Domirón estivemos reflexionando sobre os dereitos que temos para gozar dunha boa saúde, seguindo o lema deste ano. Se premes na seguinte imaxe podedes ver as actividades que fixemos para conmemorar esta data. 

 

XOGOS EN FAMILIA

Unha nova semana cheíña de xogos en familia!

Por un lado, na clase de 4 anos, acompañáronnos Marisa, a mamá de Marta, e Ingrid, a mami de Emiliano con xogos como: un memory, un xogo de pesca, Grabbolo, xogos de equilibrio con pezas xeométricas, un puzzle con visión 3D e un dominó de madeira.

 

Polo outro lado, na clase de 5 anos, visitáronnos Maica, mami de Marcelo, e Arantxa, nai de Thiago. Trouxeron unha yenga e xogos como Mandíbulas, Tic Tac Boom, Mono Pedorretas e Pepe Moco.

 

Graciñas, familias, por agasallarnos o voso tempo!

 

XOGOS EN FAMILIA

Seguimos cos xogos en familia!

Na clase de 3 anos tivemos a Verónica e Aldofo, mamá e papá de Lara con xogos como El Frutal e La oruga de colores:

Tamén participou Rebeca, mamá de Juana e Arturo, cun xogo de dominó:

Contamos tamén con Fany, mami de Vega e Lara, mamá de Samu, que trouxeron o Ludamino, o Lince e un xogo de mímica.

E, por último, visitáronnos Olaya e Manel, nai e pai de Manuela, e Lucía, mami de Paula, con xogos como Save the Ocean, un xogo de bombeir@s e un Dobble.

Na clase de 4 anos, visitáronnos Nuria e Javi, nai e pai de Daniela e Lucas, e trouxeron o Twistter, Atrapa la caca!, ¿Quién es quién? e Clean the ocean:

E a Paula e Diego, nai e pai de Marco, que trouxeron xogos como a oca, cubos de cara, Tozudo, Little memo e Little match.

Por último, na clase de 5 anos, viñeron Lidia, nai de Minh, e Nuria, nai de Diego, cos xogos de La Cabaña e Gestos:

E finalmente, participaron Néstor e Noelia, pai e nai de Luca; Lucía, nai de Alex; e Nuria, nai de Luka con xogos como o 4 en raia, o bingo, o ¿Quién es quién?, os gusanos locos e carreiras de caracol.

 

 

Graciñas a todas as familias por unhas xornadas cheas de diversión, mimo e ganas!

SIMULACRO DE INCENDIOS

Na escola de Domirón, tivemos un simulacro de incendios!

Cando sonou a alarma e vimos o fume, levamos a cabo o plan de actuación e evacuamos a escola, indo de forma ordeada ao punto de encontro.

Unha vez alí, chamamos ao 112, poñéndonos en contacto cos bombeiros de Narón, que acudiron rapidamente á nosa escola para para apagar o lume.

Finalmente, amosáronnos o seu equipo e explicáronnos como é a súa labor.


INSTALACIÓNS I

Rematamos o 2º trimestre iniciándonos nas instalacións.

Javier Abad e Ángeles Ruiz de Velasco defínenas como "unha proposta educativa concebida dende a presentación estética duns obxectos específicos nun espazo transformable. Disponse para favorecer o vínculo afectivo e as relacións entre un grupo de nenas e nenos acompañados dun adulto referente que da sentido aos procesos simbólicos da infancia nun "lugar de símbolo" como metáfora da vida de relación".

Nelas, empregaremos sempre unha tríada de obxectos como panos, coxíns, flotadores, esponxas, vasos etc.

Non hai normas de xogo e de uso do material e a persoa adulta non intervén no proceso, só observa.

 

 

 

VISITAS DE EXPERTOS

Seguindo co proxecto do mar, a penúltima semana recibimos a visita de dous familiares:

Adrián, un xogador de kayak polo que nos ensinou como se xoga e que elementos empregan neste deporte e amosounos algunhas medallas que conseguíu ao longo da súa traxectoria.

 

 

E Marcos, un pai que practica surf no seu tempo libre. Explicounos como se realiza este deporte, que cousas necesitamos, os diferentes tipos de táboas e fíxonos unha demostración de como levantarse da táboa. Ademais, animou ás nenas e nenos a intentalo.


 

Moitísimas grazas aos dous polo voso tempo! Sen dúbida, unhas xornadas inesquecibles para as e os peques!

XOGOS EN FAMILIA

Esta semana continuamos con máis familias xogonas que viñeron ás aulas das súas fillas e fillos para pasar un bo ratiño de convivencia.

O martes tocou na clase de 4 anos, coas nais de Unay e de Noa, onde tiñan que conseguir facer o 4 en raia e desfrutaron coas ranitas tragabolas. 

 

O xoves visitaron a clase de 5 anos, a mamá de Blanca e o papá de Helena, cun memori de insectos e o xogo do Lince.

 

E tamén o xoves, na clase de 3 anos recibiron a nai de Sofía e o pai de Irene, que trouxeron diferentes xogos:  un de atopar diferencias usando antefaces, salmón feliz ( onde tiñan que empregar xestos) , dominó de animais e un memori.

XOGOS EN FAMILIA

Esta semana comezamos, na escola de Domirón, cunha das actividades onde abrimos as portas ás familias para pasar un tempo con nós, algo que as nenas e nenos viven con moita emoción. A proposta deste ano é   coñecer e desfrutar de diferentes xogos de mesa, considerándoos como un recurso moi completo onde se traballa: a atención, cooperación, a estratexia, tolerancia á frustración...

Na aula de 3 anos tivemos a nai de Blanca e de Julia, con elas xogamos:  ao bingo, memori de animais,  xogo cooperativo de caperuchiña vermella e outro que se chama Little circuit.  

 

 

E na aula de 5 anos, grazas ás nais de Fran e Noa, desfrutamos de xogos como:  Catch it!, Antón zampón, memori e contando monstruos.

 

 

Graciñas a todas elas por encher as aulas de tanta diversión!

 

 

ALUMNAS EN PRACTICAS

O venres despedimos a Paula e Nuria, as nosas alumnas en prácticas da UDC.

Graciñas por elixir o CRA de Narón e por encher de tanto amor o corazonciño de todas as nenas e nenos da escola.

Sempre seredes benvidas!

Distribuir contido