Solicitudes de Admisión Curso 2020-21

   SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2020-21

Para presentar unha solicitude deberedes  seguir algunha das opción descritas a continuación:

 

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.  Lembrade que con esta opción ,o traballo para o centro veríase reducido 

     

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberedes acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberedes seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente na Sede do CRA de Narón ( San Xiao)
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Documentación:

Anexo II (galego)

Anexo II (castelán)

Vacantes 2020-21

Horarios de atención as familias

Cómo chegar a Sede

coordenadas:

43°31'50.0"N 8°09'53.5"W

43.530542, -8.164869

Cómo llegar con google maps:

https://www.google.es/maps/dir//43.530542,-8.164869/@43.530542,-8.1654162,170m/data=!3m1!1e3