Actividades

Acto de Graduación 6ºEd.Infantil

O alumnado de 6ºEd.Infantil organizou un festival para os seus familiares e compañeiros e compañeiras de nivel para despedir o seu paso pola etapa o venres 16 de xuño para desfrutar, a continuación, dunha merenda conxunta.

 

As familias que o desexen poden solicitar a gravación do acto. Noraboa a tod@s!!

Visita da Galiña Azul ao noso centro

Esta semana contamos coa visita do alumnado de 3º Ed.Infantil da Galiña Azul ao noso centro, onde estiveron co alumnado de 5º e 6º de Ed.Infantil, recibíndoos e actuando para eles nunhas xornadas de convivencia no que para moitos será o seu centro o curso que ven. Benvidos!!

Festival Musical

Co gallo do Día internacional da Danza e o Día internacional do Jazz, o noso alumnado viu de celebrar un festival musical onde amosaron o seu traballo diario en torno á música no centro coa axuda do seu profesorado, especialmente do profesorado de Ed. Infantil, Dona Rosa Jiménez Valbuena, especialista de Música de Ed.Primaria, e Don David Piñeiro, especialista de Música de Ed.Secundaria e director do coro do centro.

Este ano abrimos as nosas portas para que as familias puidesen ver a labor do alumnado e do seu profesorado exhibido no pavillón escolar dentro das posibilidades do recinto.

 

Conta comigo - Lectura compartida polo Día do Libro

O alumnado realiza unha lectura compartida apadriñando os "maiores" aos "pequenos". Viva a lectura!!

Plan Director - Charlas da Garda Civil

Nesta semana contamos coa colaboración da Garda Civil, a través do Plan Director, para formar ao alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e alumnado de ESO do noso centro sobre:

  • Acoso Escolar
  • Drogas e Alcol
  • Violencia de xénero

Concertos nos centros da contorna

O alumnado de 3ºESO e 4ºESO participante no coro e o conxunto instrumental deron un concerto no CEP de Sabarís e no CEIP de Belesar  onde nos recibiron cos brazos abertos, tendo unha actividade de disfrute coa música.

Semana da Froita

Na semana do 20/03/17 ao 24/03/2017 celebramos a semana da froita co gallo de fomentar hábitos saudables no alumnado, aproveitando para aprender sobre as froitas e as súas propiedades, o seu nome noutras linguas,... como na primeira semana que xa celebramos. Neste curso todavía disfrutaremos dunha semana da froita máis no mes de Maio.

Como remate da semana preparáronse brochetas e batidos de froita.

RETOS SEMANAIS SOBRE REFUGALLO

RETOS SOBRE REFUGALLO

Xa que este ano temos como lema para toda a xeira: O REFUGALLO, decidimos que algúns dos nosos Retos semanais tamén tiñan que ter relación con este tema.

Este ano dura 10 semanas. Empezou o pasado 20 de febreiro e remata o vindeiro día 2 de xuño.

Temos dous niveis diferentes de retos: un para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria; e outro para o de 4º, 5º e 6º.

Ao rematar, os/as gañadores/as de cada nivel recibirán, coma sempre, un agasaio por participar.

Deixámosvos os Retos que temos feito ata agora...

 

Simulacro de evacuación

O venres día 10 de marzo realizamos o simulacro de evacuación do centro coa colaboración do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal), Policia Local e Guardia Civil.

Nesta xornada o alumnado puxo en práctica o plan elaborado para a súa seguridade sen incidencias, desfrutando dunha acción formativa a cargo do GES, uns profesionais que realizan unha importantísima función para a seguridade de todos nos.

Entroido no CPI de Cova Terreña

O venres 24 de febreiro celebramos o festival de Entroido do CPI de Cova Terreña que xirou ao redor do tema do centro: A Reciclaxe

EXCURSIÓN A PALOS DA FRONTERA

 

O pasado día 23 de abril, unha excursión de 67 alumnos do colexio e 4 profesores saiamos cara a Palos da Frontera para asistir á entrega da medalla de oro de Palos á Vila de Baiona.

Os alumnos participantes no coro do colexio asistiron ao acto de entrega de medallas e ao rematar o acto deleitaron a todos cun pequeno concerto.

Foi unha viaxe moi intensa, xa que durante o mesmo poidemos visitar as replicas das tres Carabelas que sairon de Palos o 3 de agosto de 1492 rumbo ao Novo Mundo.

Moi cerca de alí, descubrimos o Monasterio da Rábida, onde o Prior e o ecónomo da órde explicaronnos como foron as semanas previas ao gran viaxe de Colón.

Pola tarde visitamos a aldea do Rocío.

O sábado, despois do concerto poidemos achegarnos ata Sevilla engalanada pola Feria de Abril.

En fín unha experiencia inolvidable para tod@s!!!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Se queredes ver máis fotos da viaxe preme na imaxe.

 

CONTADOR DE CASOS RESOLTOS COA MEDIACIÓN

 

Queremos visibilizar un procedemento de resolución de conflitos que as veces parece invisible, pero que aí está, creando unha convivencia máis saudable. Aprendemos a comunicarnos e resolver os problemas de forma pacífica, en confidencialidade e confianza.

Esperamos que este contador vaia aumentando e que cada día sexan máis os que lle dean unha oportunidade á MEDIACIÓN.

O DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ 2013

Clica na imaxe para ver as fotos

A xornada de celebración da efeméride do día da paz, foi todo un éxito. Houbo un programa moi completo de actividades.

Desde a interpretación da canción "Me gustaría enseñar al mundo a cantar " polo alumnado do coro e conxunto instrumental, que en educación infantil foi presentada ante as familias, pois os cativos tamén cantaron enriba do escenario .

O cineforum realizado en secundaria coa película "Invictus".

E a xornada de novas e vellas formas de xogo levadas a cabo polo grupo de mediadores do noso centro en colaboración co profesorado, que convertiu o patio nun espazo de encontro e convivencia, onde os grupos eran heteroxéneos e a aventura estaba garantizada por tódolos recunchos.

Comparte unha parte da túa parte

 

A campaña solidaria realizada no centro de recollida de alimentos para a ONG Axuda ao mundo necesitado foi un auténtico éxito. Baiona continúa demostrando que é un pobo solidario, moitas grazas .

RETO SEMANAL 2012

Xa rematou o RETO SEMANAL deste 3º trimestre. Nesta ocasión tratábase do montaxe de diferentes figuras utilizando PENTOMINOS. O gañador desta edición foi: DANIEL PUENTES de 4º de PRIMARIA.


Tamén o resto dos participantes recibiron algo doce: JOSÉ LUIS GONZÁLEZ 1º, VANESA GONZÁLEZ E JOAQUÍN QUINTAS 2º, FRANCISCO CORBACHO 3º, PABLO VÁZQUEZ E SUSANA MARCOTE DE 4º, LUIS CORBACHO, RODRÍGO JORDAO E ALBA CARNEIRO DE 5º E ANTÍA ALONSO, ANA QUINTAS E REBECA CARNEIRO DE 6º.


Grazas a todos e todas por participar e esperámosvos nunha nova edición do RETO SEMANAL.


CLICA na imaxe si queres ver máis:

I Encontro de Mediadores C.P.I. Panxón & C.P.I. Cova Terreña

Xuntámonos 60 rapaces e rapazas dos dous centros e acompañáronnos os profesores Pablo e Chisco, do C.P.I. de Panxón e Amparo, Adela, Eduardo e María, do C.P.I. de Covaterreña. Ás 10:00 h. da mañá empezamos a coñecernos cuns xogos moi divertidos.Logo empezou o traballo serio, vimos uns videos e Pablo explicounos en que consiste a mediación e cal será a nosa tarefa como mediadores. Dividíronnos en grupos e tivemos que preparar unhas representacións sobre diferentes tipos de conflictos que se poden dar nun centro escolar.Paramos para comer ás 14:00 h. Na miña vida comera tanta Pizza!!!. Bueno, e algunhas nais e pais fixeronnos tortillas, empanadas, sandwiches, quesadillas, etc…Despois dun descanso, cada grupo fixo a súa representación e aínda nos rimos un bo rato!!!Cando remataron as representacións entregánronnos os diplomas que nos acreditan como novos mediadores, que ilusión!!!Ao final, e a pesares do frío, saímos á cancha e algúns xogamos co paracaidas que trouxeron os de Cova Terreña  e outros botamos un partidillo.  Pasámolo de marabilla e esperamos volver a repetilo pronto!!!  

Se queres ver miles de fotos fai clic na imaxe.

 


O Reto Semanal 2010/2011

 1º Trimestre:            2º Trimestre:     3º Trimestre:

 1ª Semana                    1ª Semana               1ª Semana

2ª Semana                      2ª Semana               2ªSemana

3ª Semana                      3ª Semana               3ª Semana

4ª semana                       4ª Semana               4ª Semana

5ª semana                       5ª Semana               5ª Semana

6ª Semana                       6ª Semana               6ª Semana

7ª Semana                       7ª Semana               7ª Semana

8ª Semana                        8ª Semana               8ª Semana

                                        9ª Semana               9ª Semana

                                        10ª Semana             10ª Semana

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer