Actividades

Presentación do proxecto do coro do centro en actividade formativa do CFR de Vigo

O proxecto artístico musical do centro, o noso coro, foi escollido polo Centro de Formación e Recursos de Vigo para pechar a actividade formativa "Compartido experiencias educativas de Secundaria", todo un recoñecemento ao traballo de todo o alumnado participante no mesmo e do seu director, Don David Piñeiro. Noraboa!!

Magosto 2018

Por fin o tempo deunos un descanso e chegou o día de celebrar o Magosto. Despois da 1ªhora, todo o alumnado do centro dirixiuse cara Chan da lagoa para a celebración.

O alumnado de 4ºESO preparou xogos para o alumnado de ESO e profesorado, quenes competimos sanamente nunha xincana moi divertida.  Ademais alumnado voluntario de ESO organizou xogos para o alumnado de Ed.Infantil.

O alumnado de Ed.Primaria tamén tivo o seu momento de xogo e, para rematar, queimamos a "pantasma papa medos"  que contiña os medos depositados polo alumnado na celebración do Samaín.

Gozamos das castañas asadas nun forno local que a ANPA cascara para nós nun xesto máis de colaboración co centro.

E antes de baixar aínda houbo tempo para a música e a entrega de premios. Un gran día grazas á colaboración de todxs.

Visita á Fundación Celta de Vigo e o Pazo Quiñones de León. 4º B. 18 maio.

Os alumnos e alumnas de 4º B visitaron as instalación deportivas e o museo da Fundación Celta de Vigo. Algúns xogadores gozaron dun grande recibimento por parte dos alumnos/as e profesorado do centro. O alumnado aproveitou a ocasión para facerlles preguntas aos xogadores (Hugo Mallo e Iago Aspas), fotografarse con eles e pedir autógrafos.

 

Tamén houbo tempo para culturizarse e visitar un dos pulmóns verdes da cidade de Vigo, o parque de Castrelos ou Finca da Marquesa.

Neste parque, doado do Marqués de Alcedo a Cidade de Vigo, atópase o Pazo de Quiñones de León, un auditorio e un conxunto de xardíns e zonas boscosas, de gran interese paisaxístico e botánico.

O alumnado visitou os xardíns (francés e inglés) e as instalacións do interior do pazo: as distintas estancias da antiga residencia dos marqueses, o legado de Policarpo Sanz, a colección permanente de pintura galega e a sala de arqueoloxía.

Coro: Actuación e visita en Madrid

O coro do centro xa está en Madrid mostrando todo o seu traballo ao longo do curso cun concerto en Las Rozas e visitando a capital no Día de Europa.

Acoso Escolar: Presentación da campaña da Garda Civil no centro

A Garda Civil de Pontevedra iniciou no noso centro a campaña "Para meterte con un compañero, conmigo no cuentes".

O alumnado de 5º e 6º de Ed.Primaria asisitron ás charlas formativas a menores de prevención do Acoso Escolar que imparte a Garda Civil dentro do Plan Director baixo dito lema, sendo os primeiros en recibir a chapa que ilustra o slogan da campaña.

Ante calquera sospeita de acoso ou dúbida, non o dubides, pide axuda. Estamos para axudarvos.

Nova en Telemariñas

Nova en Val Miñor TV

Reportaxe/vídeo da nova en TVG nos ficheiros adxuntos

Reportaxe/vídeo da nova en TVE1

Día do Libro: Lecturas compartidas

O 23 de abril celebramos o Día do Libro con moitas actividades. Entre elas tivemos Lecturas compartidas onde tomamos o patio, o noso libro, mantiña e coxín e compartimos lectura entre maiores e pequenos.

Entroido no CPI de Cova Terreña

O noso centro celebrou o festival de Entroido 2018 en torno ao lema do centro deste ano: Patrimonio cultural de Baiona.

Agardamos que toda a comunidade educativa desfrutase coa actividade.

O ensaio do coro faise popular nas redes sociais

O ensaio do coro e conxunto instrumental do centro chegou ás redes sociais conseguindo máis de 50.000 reproduccións e valoracións moi positivas en moi pouco tempo.

Publicación no Faro de Vigo

Publicación en Twitter

Comentario de @Cepeda

Celebración do Día da Paz

O 30 de xaneiro celebramos o Día internacional da Non violencia e da Paz conxuntamente no pavillón escolar.

O equipo de mediadores colaborou no traslado do alumnado de Ed.Infantil e 1º e 2º Ed.Primaria asemade na lectura dos Dereitos do Neno e dos Dereitos Humanos.

O noso mestre de ceremonias, Víctor Moreira, presentou o acto que tivo 3 partes:

  • Entrega dos premios do certame literario Dolores Agrelo por parte da ANPA, organizadora do certame.
  • Lectura e presentación dos "globos" dos dereitos do Neno e Humanos.
  • Actuación do coro e conxunto instrumetal do centro baixo a dirección de Don David Piñeiro, coreados por todo o alumnado do centro.

Novo encontro do equipo de mediadores e mediadoras

O equipo de mediadores e mediadoras do centro tiveron unha nova xornada de formación e convivencia no centro.

Campaña informativa e de sensibilización ante o problema do LUME

O xoves 21 de decembro pechamos o trimestre coa intervención do Enxeñeiro de Montes e catedrático da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela Don Roque Rodríguez Soalleiro no noso centro para informar ao alumnado da ESO sobre a problemática do lume en Galicia.

A través do Programa A Ponte están a levar esta iniciativa a moitos centros da comunidade, ofrecéndose desinteresadamente. Por todo iso, agradecemos a súa colaboración nestas charlas de difusión que tan ben aproveitou o noso alumnado.

Concerto de Nadal do coro e conxunto instrumental do centro

O pasado xoves 21 de decembro tivo lugar o concerto de Nadal do coro e conxunto instrumental do CPI de Cova Terreña cunha emotiva actuación que tivo un públlico entregado que encheu a Ex-Colegiata de Baiona.

Grazas a tod@s pola vosa acollida e aplausos.

Visita do Apalpador e Papa Noel no centro

O último día de clase do trimestre tivemos a visita do Apalpador e Papa Noel no noso centro. Con moita man e tino atenderon e visitaron ao alumnado de Ed.Infantil e Ed.Primaria. No nome de todos e todas moitas grazas pola visita!!!

Visita ao Concello polo Nadal

O alumnado de Ed.Infantil, 1º,2º,3º e 4º Ed.Primaria visitaron o Concello de Baiona polo Nadal onde puideron aprender máis sobre o Patrimonio cultural de Baiona, lema do ano do centro, ademáis de visitar as instalacións do concello e a decoración de nadal do mesmo.

Especialmente agradecidos á implicación da Concelleira de Educación, Dona Beatriz González, que interactuo co noso alumnado con moita man.

 

Encontro de mediadores

O noso equipo de mediadores reuniuse novamente para seguir coa súa formación a través dunhas actividades organizadas polo equipo de Convivencia do centro.

Día internacional das persoas con discapacidade

O alumnado do centro deixou os seus desexos para as persoas con discapacidade no paraugas que alumnado do CEE Juan María nos trouxo na súa visita. O paraugas estivo presente na concentración do domingo día 3 de decembro en Vigo nas mans da nosa orientadora, Dona Tamara Bermúdez.

Inauguración da exposición "Á violencia de xénero ... Dille NON"

O CPI Cova Terreña de Baiona foi o elixido para a presentación da exposición “Á violencia de xénero… Dille NON!”, promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e que ten como obxectivo impulsar a sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a mocidade.

 

Nova en Val Miñor TV

Nova na páxina web da Xunta de Galicia

Nova na páxina web do Concello de Baiona

 

Magosto 2017

Despois da 1ªhora, todo o alumnado do centro dirixiuse a Chan da lagoa para a celebración do Magosto.

O alumnado de 4ºESO e 3ºESO-C prepararon xogos para o alumnado de Ed.Infantil e os compañeiros de Ed.Secundaria que competiron nunha xincana moi divertida.

O alumnado de Ed.Primaria preparou o noso lema para este Magosto: Non ao lume, construíndo o mesmo con restos vexetais, en torno ao cal entoamos a canción "Todos contra el fuego" de J.M.Serrat.

Pasamos unha xornada de xogos e convivencia gozando das castañas, cascadas coa colaboración da ANPA, asadas nun forno local.

Inauguración do curso escolar 2017/2018

O luns 18/09/2017 celebramos no centro un acto de inauguración do curso escolar 2017/2018, sendo este o 45º curso escolar do centro educativo. No acto estiveron presentes:
● Don​ ​ Ángel​ ​ Rodal​ ​ Almuiña,​ ​ alcalde​ ​ de​ ​ Baiona
● Don​ ​ Jesús​ ​ Vázquez​ ​ Almuiña,​ ​ conselleiro​ ​ de​ ​ Sanidade
● Don Ignacio López Chaves, delegado da Xunta de Galicia en​ ​ Vigo
● Dona Ángles Feijoo-Montenegro, xefa territorial da Consellería​ ​ de​ ​ Sanidade​ ​ en​ ​ Pontevedra
● Dona​ ​ Beatríz​ ​ González​ ​ Pérez,​ ​ concelleira​ ​ de​ ​ Educación
● Don​ ​ Juan​ ​ Luís​ ​ Ferreiro​ ​ Carballido,​ ​ inspector​ ​ de​ ​ Educación
● Membros do Equipo directivo: Dona María Dolores Ros Belmonte, Dona María Fernández González e Dona María del​ ​ Carmen​ ​ Álvarez​ ​ Lorenzo
● Membros​ ​ do​ ​ Consello​ ​ Escolar
● Ex-directores​ ​ e ​ ​directoras​ ​ do​ ​ centro
● Ex-alumnos​ ​ e ​ ​ex-alumnas​ ​ do​ ​ centro
● Xunta​ ​ de​ ​ delegados
● Representantes​ ​ da​ ​ ANPA
● Alumnado​ ​ de​ ​ 4o​ ​ e ​ ​ 2oESO​ ​ e  profesorado​ ​ acompañante.

Despois dunha rolda de intervencións, visitaronse as instalacións, aulas e alumnado das distintas etapas educativas.

Como lembranza desta ocasión plantouse unha árbore no recinto, testemuña viva deste acto.

Ligazóns:

Fin de curso 2016/2017

Por fin chegou o fin de curso 2016/2017 e para despedilo organizmos diferentes actividades:

INFANTIL E PRIMARIA

Organizáronse exhibicións abertas a toda a comunidade educativa dalgunhas das actividades extraescolares organizadas pola ANPA: Guitarra, tiro con arco, intelixencia emocional, ximnasia acrobática e exposición de pinturas no salón de actos.

O alumnado de 6ºEd.Primaria recibiu uns diplomas dos seus compañeiros e compañeiras de 6ºEd.Infantil, xa que ambos rematan etapa.

Grazas á colaboración da ANPA, todo o alumnado gozou de inchables ao longo da mañá, e os mais maiores (4º, 5º e 6ºEd.Primaria) poideron por a proba a súa puntería no tiro con arco.

Asemade, grazas á colaboración das familias e ANPA, organizáronse merendas para toda a comunidade educativa.

SECUNDARIA

1ºESO visitou a Fundación SALES, 2ºESO tivo actividades lúdicas no centro e 3º e 4ºESO fixeron unha saída pola vila e gozaron dun día de praia.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer