Actividades

Día do Medio Ambiente: Plantación da árbore de 6ºEd.Infantil

Dentro das actividades de conmemoración do Día Mundial do Medioambiente, o alumnado de 6ºEd.Infantil plantou a súa árbore que os acompañará durante a súa estadía na Ed.Primaria e Ed.Secundaria no patio do centro educativo.

Dia MedioAmbiente

Levaban xa un tempo coidando da súa árbore que agora os agardará nos xogos e recreos.

Día de Europa, receitario Europeo

Conmemoramos o Día de Europa cun traballo colaborativo no que cada grupo-clase elaborou unha ficha dun dos países que forman a Unión Europea con datos de interese e unha receita típica do país.

Convidámosvos a probalas!!

O Cova Xornal

Xornal, xornal!!

O alumnado do centro preparou o seu xornal, resultado do traballo realizado pola conmemoración da Semana da Prensa.

Convidámosvos a lelo!

Conmemoración Día da Infancia

Conmemoración do Día Internacional da Infancia

O pasado luns 22 de novembro de 2021 o alumnado de Ed. Infantil gozou dun concerto no centro a cargo do conxunto instrumental formado por alumnado de 4º de Ed. Secundaria que, baixo a dirección de D. David Piñeiro, profesor de música de E.S.O. interpretou un repertorio composto por catro pezas instrumentais:

  • Sinfonia do novo mundo.....A.D'vorak
  • Brave heart.....J.Horner
  • Moon river.......H.Mancini
  • Stand by me...Ben E.King

Todas estas pezas foron preparadas e ensaiadas polo alumnado dende o comezo deste curso escolar.

Achegámosvos unhas instantáneas do evento que tanto lles gustou ao alumnado.

Un saúdo.

Formación de mediadores

Trala pequena tregua que nos está a dar a pandemia, este curso decidimos retomar a formación de mediadores no noso centro, un dos piares na resolución pacífica de conflictos na que o centro leva a traballar dende fai máis de quince anos.
Nesta convocatoria apuntáronse 8 alumnos e alumnas de educación primaria e outros tantos de educación secundaria. É tal o éxito do curso que tivemos que ampliar unha sesión máis a duración da formación.


Queremos agradecer ao noso alumnado o interese mostrado cara a esta ferramenta fundamental na convivencia nos centro educativos, a  dona Bibiana Camaño,Psicologa especialista en Psicología social, formadora ( con experiencia en ed. Primaria y secundaria), Fundadora de Alicce(formación para a mellora das relacions humanas) Máster en asesoramento e Orientación Familiar pola USC., ao profesorado: Lucía Vilariño, Ana Zamorano, Rosati Gil, Fátima González, Marta Suárez, Eva Vidal, David Gayoso, Aina Climent e a María Fernández González, Xefa de estudos de primaria e coordinadora de Convivencia,  pola súa implicación neste proxecto

Este programa inclúese dentro das actuacións dos Contratos Promaga CPInclúe, na liña Inclúe-T financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o FSE.

Conmemoración do Día da Educación

O 25 de xaneiro celébrase o Día da Educación e nos organizamos actividades de conmemoración ao longo de toda a semana.

 

Recomendamos o visionado do documental "De camino a la escuela". Non todos temos tan fácil o acceso a unha educación de calidade. Valoremos o que temos.

A nosa árbore de Nadal tiña... 152 rolos de papel!!

A nosa árbore de Nadal xerou moita espectación pois ninguén sabía cantos rolos foran precisos para a súa construción!

Pero xa se desvelou a incógnita, cos delegados e delegadas de clase coma testemuña puidemos comprobar que a árbore tiña.... 152 rolos!!

 

arboreNadal

Non houbo acertantes, pero si persoas que se achegaron ao número real.

O alumno que máis se achegou foi Nathaldo, de 1ºC ESO e, como prometemos, houbo un detalle para as persoas que máis se achegaron ao número real!!

A nosa árbore de Nadal

A nosa árbore de Nadal está na entrada principal do centro e, como non podía ser doutra maneira, está feita cos produtos "estrela de este ano".

Saberías dicir con cantas bobinas de papel está feito?

Agardamos a túa resposta na Aula Virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/aulavirtual/mod/questionnaire/view.php?id=7884

(Participación aberta a alumnado e persoal do centro. Haberá un detalle para os acertantes).

DIA INTERNACIONAL DA INFANCIA

CONCURSO DIA INTERNACIONAL DA INFANCIA

Xa desvelamos cal foi a persoa gañadora do concurso de hoxe DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA.

Noraboa LÍA MARIÑO GONZÁLEZ!!!!!!

Aquí tedes o video cos traballos de todos/as os/as participantes. 

Tamén colocaremos no patio unha lona cos traballos presentados, incluido o da gañadora, claro!

Moitas grazas a todos/as!!!.

 

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

CONCURSO DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

Xa temos os participantes no concurso do Día Internacional da Infancia. Podedes ver os debuxos nos arquivos adxuntos.

Gracias aos participantes!!!

En breve poderedes comprobar quen foi o debuxo gañador e todos os debuxos participantes....

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

CONCURSO DE DEBUXO/LOGO DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

 

20 de NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
 
Este día lémbranos que todos os/as nenos e nenas teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo no que naceran.

Dende o equipo de Convivencia propoñémosvos un concurso de debuxos para conmemorar este día.

Podedes consultar as bases do mesmo no documento adxunto.

Animádevos a participar!.

Cova Queda Na Casa: O mural xa está listo!

Estimada comunidade educativa,

Dende o equipo de Convivencia puxemos en marcha a actividade "Cova queda na casa" para poder vervos e seguir con vós preto na distancia. Coas fotografías recibidas mantivemos o "contacto na distancia" e puidemos compartir os momentos de estudo, de xogo, de saída á natureza, de lectura, o cariño pola lingua galega e os momentos en familia dos cales dan testemuña o mural exposto no centro e que nos lembra todo o esforzo e responsabilidade por parte de todos neste período.

Noraboa polo voso compromiso e colaboración durante todo este período de actividade non presencial.

Cova queda na casa

COVA QUEDA NA CASA. ESPECIAL LETRAS GALEGAS

Estimados membros da nosa comunidade educativa.

Deixamos o pavillón ben alto coa nosa aportación á conmemoración das Letras Galegas deste ano!!!!

Moitisimas grazas pola vosa participación!!! Aquí tedes o Vídeo desta semana.

Seguimos con vos, Preto na casa.

Cova queda na casa

COVA QUEDA NA CASA. ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Estimados membros da nosa comunidade educativa:

De estar no centro, a semana pasada teríamos feito unha serie de actividades para conmemorar o día das Letras Galegas, 17 de maio.

Dende Covaquedanacasa, queremos igualmente facer un reto sobre a nosa lingua e ocurriusenos que podíades facervos unha foto coa vosa palabra galega favorita. Pode ser escrita nun papel, formada con materiais de refugallo no chan, nunha mesa, etc... Xa sabedes que, como sempre, a imaxinación é o primeiro!!

Esperamos as vosas achegas!!!!


Instrucións:

  • As fotografías remitiranse por correo electrónico a covaquedanacasa@gmail.com ou por WhatsApp ao teléfono móbil do centro 604070366.
  • As persoas que remitan e aparezan nas fotografías aceptan co seu envío que as mesmas sexan publicadas na páxina web do centro e nun mural que estará situado no centro e que todos poderemos ver á volta da normalidade.
  • Podedes enviar as vosas fotos ata o vindeiro xoves 21 de Maio as 21:00 h.
  • O venres, 22 de maio publicarase na web unha montaxe coas imaxes recibidas entre o día 18 e o 21 de maio a disposición de toda a comunidade.

Cova queda na casa

TOD@S CON MÁSCARA!!

 

Estimados membros da nosa comunidade educativa:

Unha vez máis, deixadesnos abraiados coa vosa participación no reto de Covaquedanacasa.

Vainos quedar unha portada da axenda chulísima con todas as fotos recibidas.

Mentres se elabora a montaxe, aquí tedes o video de esta semana.

Esperamos que o disfrutedes coma nos!!.

Un saúdo!.

Seguimos con vos, preto na casa.

Cova queda na casa

Xa estamos na primeira fase

Estimados membros da nosa comunidade educativa:

Imos avanzando e xa queda menos para volver á normalidade. Esta semana propoñemos que, para deixar testemuña desta etapa, os que queirades podédesnos mandar algunha foto vosa con mascarilla. Canto máis orixinal, e se está feita e/ou debuxada por vós, mellor! Coas fotografías recibidas faremos unha montaxe e crearemos un mosaico para ilustrar a portada da axenda do próximo curso 2020/2021.

Esperamos as vosas fotografías!

Un saudo e coidadevos moito

Instrucións:

  • As fotografías remitiranse por correo electrónico a covaquedanacasa@gmail.com ou por WhatsApp ao teléfono móbil do centro 604070366.
  • As persoas que remitan e aparezan nas fotografías aceptan co seu envío que as mesmas sexan publicadas na páxina web do centro e nun mural que estará situado no centro e que todos poderemos ver á volta da normalidade.
  • Ademáis, coas fotos desta semana farase unha montaxe que formará parte da portada da axenda do vindeiro curso 2020/2021. Aqueles que non autoricen á publicación da súa foto na portada da axenda, deberán comunicalo no seu envío.
  • Podedes enviar as vosas fotos ata o vindeiro xoves 14 de Maio as 21:00 h.
  • O venres, 15 de maio publicarase na web unha montaxe coas imaxes recibidas entre o día 11 e o 14 de maio a disposición de toda a comunidade.

 

Cova queda na casa

XA PODEMOS SAIR!!!

Unha semana máis deixádesnos abraiados coas vosas achegas!.

Xa vemos que poidéchedes aproveitar estas primeiras saídas! Pero sempre respectando as recomendacións. Moi prudentes.

Pois aquí tedes o vídeo resultante.

Ánimo e afouteza que cada vez queda menos!!!.

Seguimos con vós, preto na distancia!!!

Cova queda na casa

Coidámonos cun almorzo saudable!

Como sempre, non deixades de sorprendernos coas vosas aportacións.

 

Aquí tedes o video de esta semana. Espero que o disfrutedes tanto coma nos ao vervos tan ben.

Moitisimas grazas!!!

Xa queda menos!!! 

Convivencia: Cova queda na casa

Coidámonos cun almorzo saudable!

Estimados membros da nosa comunidade educativa, cantas fotos!!!! e canto agarimo vemos nelas!!!.

Non sabedes o que disfrutamos con cada imaxe que nos chega ao correo ou ao móbil e podemos comprobar que estades tan ben!!!: cos vosos xogos, os vosos libros e traballando un pouquiño...

Para esta semana, propoñemosvos un novo reto... saudable!

Qué vos parece se nos enviades unha foto que mostre como empezades a mañá collendo forzas cun almorzo saudable?

Xa sabedes que, como sempre, esperamos ansiosos as vosas achegas e que seguimos estando con vós "Preto na distancia"!!!

Instrucións:

  • As fotografías remitiranse por correo electrónico a covaquedanacasa@gmail.com ou por WhatsApp ao teléfono móbil do centro 604070366.
  • As persoas que remitan e aparezan nas fotografías aceptan co seu envío que as mesmas sexan publicadas na páxina web do centro e nun mural que estará situado no centro e que todos poderemos ver á volta da normalidade.
  • Podedes enviar as vosas fotos dende hoxe e ata o vindeiro xoves 30 de abril as 21:00 h
  • O venres, 1 de maio publicarase na web unha montaxe coas imaxes recibidas entre o día 24 e o 30 de abril a disposición de toda a comunidade.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer