Skip to Content

Tarefas

Ola nenas e nenos!

Agardo que esteades a levar esta situación estraña da mellor forma posible e que en breve poidamos vernos outra vez. Sei que vos está costando non saír a correr, non saír a xogar cos vosos amigos e amigas, non poder ir a acrobática, a atletismo, ás clases de música, de manualidades, de robótica, non poder ver á avoa e ao avó a darlles uns biquiños ou non poder ir ao centro cultural cos compis.

Para a vosa familia e por suposto, para min, tamén é unha situación excepcional e triste. Xa sabedes que unha das cousas que máis me gusta do mundo é saír a andar, a pasear, a desfrutar da natureza.

De verdade que desexo que esteades ben e mándovos todo o meu cariño e ogallá pronto poidamos vernos de novo pola escola.

Xa vexo todos os días o moito que estades a traballar coa tablet. Noraboa! Coma sempre tan traballadores! Teño a mellor clase do mundo! Grazas peques!

Agora, vos propoño unha serie de actividades para facer na libreta para combinar coa pantalla.

Como non coñezo a situación persoal de cada un de vós e de cada familia, tendes que ser vós e as vosas nais ou pais, os que decidades se é boa idea facelas, se vos aportan algo positivo, se vos apetece ou se vos distraen, se vos vén ben facelas, cales facer...

 

Matemáticas:  tocábanos empezar o tema dos corpos xeométricos pero é un tema moi manipulativo que prefiro ver na aula. Así que imos co tema das gráficas que podedes ir traballándoo vós co libro e con axuda de mami ou papi se poden, e logo reforzamos xuntos en clase por suposto. Podedes facer as seguintes actividades na libreta (vendo a explicación que vén no libro). Coma sempre non copiamos enunciados, só escribimos a páxina e o número do problema. Coma sempre, se non sabemos algo, non pasa nada, deixámolo en branco e logo vémolo xuntos en clase.

Páx. 177. 1 e 2.

Páx. 178. 1.

Páx. 179. 2, 3 e 4.

Páx. 180. 1 e 2.

Páx.181. 3 e 4.

Páx. 182. 1

Páx. 183. 2

 

 Lengua:

   - Inventa un diálogo entre un niño y su hermana pequeña cuando su padre va a despertarlos a la mañana. La hermana pequeña está empeñada en que quiere ir al cole. El niño tendrá que explicarle porqué no puede ir al cole. A ver que le propone para pasar un divertido día en casa.

 - ¡Inventa titulares de noticias! ¿Qué noticias te gustarían? ¿Qué noticias locas podrían ocurrir? (en clase las hicimos con tiras de papel de colores y quedaron muy chulos).

 - Crea una mascota, una que te encantaría tener contigo estos días. Haz su dibujo y descríbela.(Recuerda: físicamente, forma de ser, habilidades, aficiones, porque es tan genial tenerla contigo estos días que no puedes salir ni hay cole...)

 

Lingua:

- Fai un debuxo dunha paisaxe, na que che gustaría estar nese momento, e logo descríbea. Que ganiñas de desfrutar do aire libre!

-Escribe unha pequena narración que empeza así: Unha vez, unha gatiña decidiu que quería facerse rica. Tiña tres irmáns maiores e foi a velos para pedirlles consello.

 O maior, díxolle que para enriquecerse podería converterse en ladroa, que era o máis rápido para ser rica. O segundo irmán, suxeriulle converterse en cantante. Así tamén sería famosa e sen ningún esforzo. O terceiro irmán, aconselloulle adicarse aos negocios, e abrir unha tenda onde a xente fixera cola para gastarse os cartos. Estivo uns días pensando nas tres ideas....

 - Imaxina que á volta destes días de corentena, temos na clase a un neno ou nena novo. Fai un debuxo e descríbeo/a. Recorda que temos que usar a imaxinación! Non é un neno/a coma o resto!
Ten algunhas características moi especiais! Cales?

 

 

A poboación e os traballos

   
   

 

                           

HISTORIA e etapas

 

 

 

 

Unidad 13: Nuestro pasado lejano
Web interactivas
Jclic
Nuestros primeros antepasados
Los romanos
 
La época medieval
 
Los grandes descubrimientos
 
La ciudad industrial
 
Hombres y mujeres en la Historia
 

  

O territorio onde vivimos

Vivimos na Terra que está dividida en continentes e países. O noso chámase España. Mírao desde o espazo.

 PUZZLE DE COMUNIDADES  NOMES DAS COMUNIDADES
   
 CAPITAIS DAS COMUNIDADES  PUZZLE PROVINCIAS

Fraccións

   
 
Distribuir contido


by Dr. Radut