Skip to Content

AVISO ENTREGA MATERIAL

Estimadas familias,

Hoxe preparamos uns paquetes co material do alumnado que durante os próximos días o voluntariado do concello levará a casa de cada alumn@.
Son os libros de lingua, inglés e de piezas do terceiro trimestre (aqueles que estaban na aula), dous cuadernillos de mate, un cuadernillo de lengua, o libro escribo, o estuche (aqueles que estaban na aula), as libretas, as gomas e lapis de reserva (os que aínda tiñan material gardado na aula). 
Este é  principalmente o material co que imos traballar ata que isto remate, polo que podedes olvidaros dos libros dixitais de Anaya.
En canto ao material de inglés, aínda que recibades os libros, na plataforma Blink podedes escoitra os audios, ver las historias...polo que podedes usalo para acceder a estes recursos, pero traballar en formato papel. Se non conseguides ou non queredes rexistraros, deixade sen facer estas actividades. Non pasa nada.

Como fixemos ata agora, colgaremos na web un calendario organizando o traballo de forma semanal. Son propostas de actividades, marcaremos aquelas que nos teñades que enviar, que nos servirán para comprobar a evolución dos alumnos/as.
Seguimos traballando con snappet, pero cada quen ao seu ritmo. Por favor, sen agobios, cada quen que traballe según as súas posibilidades. Debedes marcar o voso ritmo, xa que é moi difícil adaptarnos de forma axeitada a 32 alumn@s e o facemos como consideramos que é mellor para a maioría.

Moita forza e ánimo, queda menos para que isto remate.

AVISO IMPORTANTE

 Estimadas familias,

 

Ante todas as dúbidas e cuestións que estamos recibindo por correo, queremos aclarar un par de cousas para que ninguén se perda.

 

  1. O traballo que tendes que facer sempre está marcado no calendario desta web, anclado no inicio da páxina de primeiro. Este traballo é flexible, e cada quen pode distribuir a carga como mellor considere. Se alguén non é quén de seguir o ritmo, pode ir máis despacio, sen agobios, non hai problema. E se alguén acaba moi pronto, pode reforzar os contidos xa traballados a través da lectura, a escritura de palabras e dictados, o calculo básico de sumas e restas, o traballo de snappet, webs con actividades online ou infinidade de recursos que tendes en rede e se queredes, podemos facilitarvos. 
  2. Xa están colgadas as licencias dos libros dixitais de Anaya: Globalizado de Piezas y el libro de Lingua Galega. Como todavía estamos realizando o tema 8, podedes ir entrando a ver os libros, pero aínda non comezamos a traballar con eles. Cando o fagamos, o comunicaremos e daremos instruccións e un novo calendario. De calquera xeito, se alguna familia non quere seguir o calendario e comezar cos libros, tamén pode facelo.
  3. Para acceder ao libro de inglés tendes que crear una conta na plataforma Blink Learning. Tendes as instruccións na sección de inglés. Este libro o comezaremos a semana e colgaremos calendario na sección de inglés de 1º.
  4. Non tendes que enviarnos os exercicios que van facendo xa que sería moi complicado correxir os libros de tod@s a través de fotografías. Podedes ir correxindo en casa ou agardar a que voltemos ao colexio. Como ata agora, iremos colgandos unha serie de actividades que podedes enviarnos, pero son tarefas optativas polo que tampouco é obrigatorio que enviedes fotos.
  5. Para calquera dúbida, tendes o correo de primeiro: 1a.igrexavaladares@gmail.com. E se precisades unha titoría telefónica ou axuda en calquera aspecto, podedes solicitalo neste mesmo correo indicando nome d@ alumn@ e da mestra coa que queredes falar.
  6. Ánimo e calma. O estades facendo xenial, familias e nen@s.

 

Unha aperta das mestras Ana e Andrea

 

Cuestionario familias

 

Consideramos que a vosa opinión é imprescindible neste proceso, polo que precisamos que contestedes ao  cuestionario adxunto e o enviedes a 1a.igrexavaladares@gmail.com

 

Comeza o terceiro trimestre

Lingua Galega 1ºB

148-149 cr/cl

150-151 gr/gl

152-153 leo e comprendo

156-157 aprendo palabras

CALENDARIO TEMA 8

Lingua galega 1ºA

Ola familias. Mándovos en arquivo adxunto unha serie de actividades para que os peques practiquen a lectura en galego. A idea é que coa vosa axuda vaian lendo as diferentes actividades e que vos digan as respostas axeitadas ou simplemente que elixirían eles para completalas. 

Un saúdo da profe Giovanna.

VACACIÓNS

APP PUPITRE

Ola familias,

Hoxe queremos compartir una app para os que teñades Tablet Apple ou Android: PUPITRE DE SANTILLANA.

A verdade, e que creemos que xa temos moitas pantallas nas nosas vidas, e nesta situación máis aínda, pero despois de explorar a APP consideramos que pode ser de utilidade para vos. Nestes momentos todos os contidos son 100% gratuitos e podedes descargar por idade e temática o que máis vos interese.

https://apps.apple.com/es/app/pupitre/id576344561

Distribuir contido


by Dr. Radut