Skip to Content

EXTRAESCOLARES

ANPA IGREXA- VALADARES

ANPA MONTE DO ALBA

A ANPA INFORMA:
Para aqueles que aínda non se anotaron ás actividades extraescolares, teñen unha última oportunidade ata o día 3 de outubro. Informarvos de que definitivamente, as actividades que non van a saír por falta de nenos son: Taekwondo, Xadrez, Teatro e Baile moderno.
Grazas a un convenio coa Universidade de Vigo, podemos ofertar informática e inglés a lO,50€ ó mes. Os profesores serán estudantes de último curso da Facultade de Filoloxía Inglesa e da Escola Universitaria de Telecomunicacións de Vigo.
Informática e iniciación á robótica queda aínda pendente de que academos o número suficiente de nenos, así que agardamos a que vos animedes.
Tamén temos a posibilidade de impartir un taller de cociña con Cristina, a profesora de sempre, condicionado tamén ó número de nenos
Os nenos que soliciten máis dunha actividade terán un desconto do 10% na segunda e sucesivas actividades, tamén se aplicará a irmáns atá un máximo de 3€.

INGLÉS:   

Un grupo 3 a 7anos

Un grupo de 8 a 12 anos

Xoves de 16:00 a 17:30

10,50€ € ó mes

COCIÑA  (a partir de tres anos)

xoves de 16:00 a17:30

15,50 € mes

Para ingredientes: 10 € en outubro

                           10€ en febreiro

 MANUALIDADES (a partir de catro anos)

(arte, debuxo, pintura)

Venres de 16:00 a 18:00

15,50€ ao mes (todo o material incluído)

INFORMÁTICA  E INICIACIÓN Á ROBÓTICA

( desde 1º de primaria)

Mércores de 16:00 a 17:30

De 10,50€  mes

Podedes descargar o impreso aquí: IMPRESO



page | by Dr. Radut