Skip to Content

RETO II MÚSICA

RETO II FINALIZADO, GRAZAS FAMILIAS!

 

 

 

 


Achégase un día moi especial... o 17 de maio, data na que como sabedes, sempre festexamos as Letras Galegas, así que este reto o adicaremos ás nosas larereteiras!

Para comezar aprenderemos a canción Verdescente, dun grupo que tivemos no colexio: Uxía Lambona e a Banda Molona, os lembrades?

Escoitaremos atentamente a canción para poder cantala soliños, ou acompañados pola familia... estaría xenial! Pinchade na imaxe para acceder:

Cando xa a teñamos algo memorizada tentaremos interpretala sobre a base musical que segue:

 

Pinchade na imaxe de precisades ampliar a letra:

 

Por último gravamos un vídeo ou audio cantando esta fermosa peza para enviala ao correo do cole e que a comunidade educativa poda gozar da nosa versión.

Podedes facer un anaco xa sabemos que para os máis cativos é bastante longa.

 Lembrade que no caso de decidirnos polo vídeo, solo poden aparecer imaxes dos nenos do centro, non dos acompañantes! 

Moito ánimo e a crear!

 

 

Xa temos as primeiras interpretacións, grazas a todos e todas!:

 


·     A familia de Gabriel (3º)

·     Erea (3º)déixanos o seu agasallo.

·     Mara (6º) e Lena (3º) acompañadas polo seu pai, que é quen compuxo esta fermosa peza.

·     Elia (3º) e a súa nai atrevéronse a enviar audio e vídeo.

·     Tamén chegou a interpretación de Leire (3º).

·     María (6º) e aos coros… o pequeno Rodrigo.

·      E chegou tamén a achega de Mara (1º) e André (4º).

·      E xa temos aquí a Valeria (3º) escoitade que artista! 

·      Adrián (6º) deixounos a súa creación... escoitade!

·      Paulo (2º) canta para nós! aquí vos queda...

 ·     Xoel (5) deixounos este agasallo.

·     Temos aquí o audio de Sabela (2º) non deixedes de escoitalo!

 

E aquí vos deixo uns audios que quedaron esquecidos polo camiño... desculpade a tardanza cativiños e cativiñas!

 

·     Cata (4º) e David (2º), dous verdadeiros artistas.

·     Erika (3º) cunha voz inconfundible.

·     Ruth (5º)... seguro que vos encanta como a mín!

· E aquí podedes gozar da fermosísima voz de Gloria (3º).

 

 

Elia creou unha fermosa montaxe que podedes ver aquí:

 

Xa fai días que Sabela (4º) deixounos o seu RETO II, por fin podemos gozar del!

 

A pequena Olivia (2º), quere compartir con nós este fermoso vídeo:

 

Xa temos aquí o RETO II da familia de Hugo (2º), que cubriu o permiso de imaxe dos acompañantes para que podamos gozar da súa creación!

 

Lucía (1º) déixanos a súa arte. Grazas Luci!

Hoxe vos deixo uns vídeos divertidísimos, a cargo de Hugo (4º).

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut