Como cada ano, o 30 de xaneiro, os nenos e nenas do Igrexa Valadares celebramos o Día da Paz con música e cantigas. Ademais, entre todos e todas elaboramos o mural "Chocolatada pola Paz" con palabras e frases alusivas a este día. Foi unha xornada moi especial na que puxemos en valor a importancia da palabra para a resolución de conflitos.