Skip to Content

Habilidades básicas

 logo DoN18_2A Educación Física xoga un papel crucial no desenvolvemento dos rapaces e rapazas nun momento onde os xogos na rúa perderon o protagonismo que tiñan anos atrás. Os xogos facilitan o desenvolvemento nas distintas etapas do crecemento nos tres grandes ámbitos: o físico, o social e o psíquico. Os órganos, aparellos e sistemas da nosa anatomía van conformándose de xeito eficaz e harmónico. Os xogos, ademais, melloran a autoestima, facilitan e melloran as estratexias  sociais e conseguen que cada un coñeza os seus límites e capacidades.

           Nesta liña, o desenvolvemento das habilidades físicas básicas (saltos, xiros, desprazamentos, equilibrios…), a través de xogos de rol, onde os participantes asumen unha función para conseguir un obxectivo común, desenvolve á vez conductas sociomotrices que integran positivamente a cada individuo no grupo no que se atopa.

 

AdxuntoTamaño
piratasmp4.mp454.07 MB


story | by Dr. Radut