Skip to Content

Minivoleibol e coeducación.

Ao longo deste curso o noso colexio  participará no Plan Proxecta da Consellería de Educación con Proxecto Descubrindo o Norte. A dinamización dos recreos con distintas actividades deportivas, xogos populares, a asistencia de distintos entrenadores para explicarlle ao noso alumnado os valores da actividade física así como a concienciación sobre a importancia dos hábitos saudables de alimentación serán os aspectos que marquen as directrices básicas deste proxecto.

Hoxe o alumnado de 3º, 4º e 5º  compartiron unha xornada de iniciación ao minivolei co Club Vigo Voleibo. Visitáronos o presidente do club, D. Guillermo Touza, un adestrador con moita experiencia nas categorias base, D. Miguel Martínez Larrea  e un dos seus mellores xogadores, Adrían. Todos eles compartiron co noso alumnado  a súa "sabedoría", experiencia e paixón polo deporte en xeral, como medio para conseguir unha vida saudable; e en particular, por un dos deportes máis coeducativos.

Por ser un deporte de equipo e por ter as características que posúe, este deporte, fomenta no alumnado actitudes de integración, traballo en equipo, respecto aos  outros (compañeiros e adversarios), actitudes de xogo limpo e respecto ás normas…(Competencia moral e cidadá). Si temos en conta a contorna no que se desenvolve, os materiais utilizados así como o movemento propio e o dos compañeiros cos que ten que cooperar ou opoñerse, establecemos a competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico. En canto ao respecto á autonomía e iniciativa persoal, o minivoley permite desenvolver actitudes de superación, responsabilidade e constancia, o cal redunda eficaz e positivamente na propia autoestima.

Picando na seguinte imaxe abrirase a galería fotográfica



story | by Dr. Radut