O pasado xoves, 7 de marzo visitounos Emilio Puime, o fundador da ONG Destino Uganda, que nace co obxectivo de favorecer a integración social, por medio da música, dos nenos en risco de exclusión.
Baixo a súa batuta, viaxamos a este país achegándonos a súa cultura musical, a través dun concepto novo para nós, a ETNOMUSICOLOXÍA, campo no que está especializado o relator invitado.
Foi unha fermosísima experiencia!