Skip to Content

MAGOSTO

O 14 de novembro, celebramos unha das tradicións máis arraigadas en Galicia, o Magosto.

Este ano foi un ano especial xa que, debido aos incendios non puidemos ir ao Monte dos Pozos, como manda a tradición. Co desexo de que se recupere axiña e, de poder contribuír, creamos no colexio un viveiro de landras. Cando prendan e teñamos algúns carballos, iremos en colaboración coa Comunidade de Montes a repoboar esa fermosísima zona.

Mentres tanto, degustaremos as castañas no colexio. Castañas, baile e música fixeron as delicias de todos nós. Así foi o día de hoxe!!!!





page | by Dr. Radut