Skip to Content

Visita á "Aula do pasado"

 O alumnado de 5º e 6º fomos de excursión hoxe ao Verbum para ver a exposición "A aula do pasado". Menuda sorpresa!, alí atopamos ao anterior orientador, Xosé Lois, que era un dos colaboradores da exposición.

Contáronnos cómo evolucionou o ensino público dende a primeira metade do século XX, practicamos a escrita con "pizarrín" e "plumilla" e tamén nos ensinaron xogos tradicionais aos que xogaban eles nos tempos de lecer.

Gustounos moito a experiencia!



page | by Dr. Radut