Skip to Content

Blogs

Alumnado de EI argallando cun novo robot

Esta semana, alumnado de 6º de EI, coñeceu un novo robot do noso Polo Creativo: Cubetto. É un robot que permite iniciar o alumnado na programación sen pantallas. A programación lévase a cabo mediante pezas manipulables. Cada unha delas representa unha acción e combinadas créanse secuencias.

Podedes ver nestas imaxes o alumnado de EI iniciándose na robótica e na programación...

 

Visita museo MELGA

A semana pasada o alumnado de 4º de Educación Primaria fomos a Ponteceso a visitar o MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) no que puidemos coñecer máis sobre xogos e deportes tradicionais galegos pero tamén doutros moitos lugares do noso país e doutros países do mundo, e ver unha gran cantidade de diferentes tipos de xoguetes! Contáronnos moitas cousas curiosas, vimos moitos obxectos na gran exposición do museo e fixemos algúns dos xogos que nos explicaron. Un museo divertido! e unha gran exposición que merece a pena! Así, recordamos unha vez máis a importancia de practicar actividade física e deporte e sobretodo a importancia de xogar e pasalo ben!!

Agradecemos a Ricardo Pérez y Verdes por todo o seu traballo realizado ao longo de  moitos anos a favor do deporte e o xogo e polo seu enorme entusiasmo en favor de dar o coñecer os xogos e deportes tradicionais a todo o mundo.

 

Tarde argalleira con multitude de ferramentas no Polo Creativo

Hoxe pola tarde seguimos con xente argalleira polo Polo Creativo. Ademais dun semáforo programado coa Microbit, houbo chapas, Plotter, impresión 3D... Este é un Polo Creativo que cada vez suma máis adeptos polas tardes...

XOGADE 22/23 en Carral

Despois dos últimos cursos escolares, retomamos a participación no programa XOGADE co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria practicando varios xogos e deportes con nenos e nenas dos colexios CEIP Ramón Otero Pedraio de A Laracha, CPI O Cruce de Cerceda e CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco. Moitas gracias a todos de novo pola vosa colaboración e o voso compañerismo!

Disfrutamos facendo exercicio físico, esforzámonos moito e pasámolo moi ben!! E ademais como sempre sen esquecernos de que o único importante non é o resultado! 

Aquí van algúns dos momentos dos xogos e deportes durante as xornadas realizadas.

 

Pegada animal - Diario de Carral

Aquí tedes o resultado do traballo destes días. Continuando co proxecto deste curso, na semana da prensa, o alumnado elaborou un xornal animal: PEGADA ANIMAL. Espero que desfrutedes tanto das noticias con rigor científico, como das seccións en clave de humor. Que traballo máis chulo!!

 

IT'S OK TO BE DIFFERENT

January 2023

  

En xaneiro, co gallo do Día Escolar da non-violencia e a Paz traballamos con algúns dos libros do autor norteamericano Todd Parr. Ao mesmo tempo, repasamos as partes da cara así como os sentimentos e emocións en ingles.

FACES AND FEELINGS de Teacher Marta

Exposición de fotos das nosas mascotas

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo de todas as fotos que nos enviástedes para colgar no mural da entrada. Grazas familias pola participación e por facer do cole un verdadeiro "Cole animal"!

Alumnado maker polas tardes con makey makey

Nesta ocasión, varios alumnos de 6º viñeron pola tarde ao Polo Creativo a facer música empregando cartón, placas Makey-Makey, papel de aluminio e Scratch. Este era o reto de marzo que tiñamos no noso Polo Creativo para as tardes e puxéronse as pilas.

Crearon os instrumentos e contaron coa axuda da mestra de música, Leticia, para preparar a partitura... Hoxe iniciaron os ensaios e o produto final está en proceso pero van polo bo camiño.

 

Aprendendo a deseñar en 3D...

Moito alumnado de 6º de EP quixo vir aprender a deseñar en 3D no recreo do luns para crear algo moi especial e que están desexando que chegue... Que poderá ser? Seguimos argallando...

 

Creando modelos de ferramentas reais cos kits de Nezha

Comprender como funciona un sensor de luz, un sensor de humidade ou o funcionamento dunha porta automática... En definitiva, comprender o mundo que nos rodea é posible e... necesario! Esta semana tocou argallar cos kits de Nezha estas e outras propostas...

 

Chaveiros en 3D... 3º debuxa e 6º deseña...

Dúas semanas despois das encargas, o alumnado de 6º que asumiu a responsabilidade de deseñar os chaveiros do alumnado de 3º interesado e de darlle unha nova dimensión aos seus debuxos, fixéronlle entrega dos primeiros e vaia se gustaron... 

Foi entregárllelos e xa recibiron máis encargas... 

 

Tarde maker creando un secador de mans co kit de Nezha

Hoxe pola tarde tivemos no Polo Creativo un alumno argalleiro de 6º creando en Makecode co kit de Nezha un secador de mans. Despois do proceso de construción, deseñou o código de programación e a funcionar.

Xornada formativa no Polo Creativo

Esta tarde o Equipo de Polos estivemos formándonos no uso e manexo do Plotter do noso Polo Creativo. O Equipo de Polos xa anda procurando ideas para deseñar e darlle uso no noso centro.

Velaquí unha imaxe que resume esta sesión formativa enmarcada no PFPP.

 

Artigo da revista Arts Educa , nº29.

Fai aproximadamante 4 anos o alumnado que agora está en 5º de EP coa mestre Noe (que naquel entón facía as prácticas do Máster) levou a cabo un proxecto de investigación no colexio chamado Vila Imaxinaria 2030 que pretendía chegar ao alumnado ao patrimonio cultural, espazo, tempo e urbaniso utilizando a fotografía documental como ferramenta artística, metodolóxica e pedagóxica. Se queredes consultar o artigo da revista picade no documento adxunto. 

Distribuir contenido


by Dr. Radut