Skip to Content

blog de patricia

21 DÍAS E MÁIS EN GALEGO. GRUPO DE BAILE "O RUEIRO"

O grupo de baile galego "O Rueiro" de Tabeaio quere animarnos nestes 21 días e máis en galego. 

CARRIÑOS DE XOGOS NOS RECREOS

No Consello da Infancia o alumnado pediu carriños de xogos como os que tiñan en infantil, elaboráronse varios con diferentes xogos como cordas ou birlos para as diferentes zonas do patio. Velaquí están esperando para ser collidos!

 

 

SEMANA DA PRENSA

Durante a semana da prensa dende a biblio enviamos ás aulas lotes de revistas e xornais acompañadas dunha cartia de Pingüi como apoio á elaboración do xornal escolar e en colaboración co equipo TIC.

ENTROIDO

Aquí tedes o álbum de fotos coas imaxes do pasarrúas de hoxe! Graciñas por vir a vernos e agardamos que teñades un bo Entroido!! Vémonos de novo, o xoves 3 de marzo !

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, día 23 de febreiro do 2022 conmemórase o Día de Rosalia de Castro. Dende o cole fixemos unha chea de actividades para recordar a nosa escritora galega de referencia. Aquí, podedes velas!

 

 

 

O luns, o Concello de Carral organizou unha actividade teatral sobre Rosalía de Castro para o alumnado de 4º de Educación Primaria.

O martes, o alumnado de 4º de Educación Primaria xunto co alumnado do IES de Carral e colaborando coa Fundación de Rosalía, foi a rúa que ten dedicada para lembrar a súa obra e legado. O alumnado fixo unha lectura colectiva de poemas da escritora. E saímos na prensa!!! Aquí tedes a noticia.

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe, mércores, o alumnado de 5º de Educación Primaria recitou poemas da autora, na hora de ler, na Radio Escolar para o todo o centro.

    

Aquí podedes escoitar o podcast e ver o vídeo do ben que o fixeron estes  catro rapaces e rapazas !!!

  

PIPPI

Na aula de inglés, como parte do PDI do colexio “Os super recreos de Pingüi”  escollemos como inspiración a Pippi Longstocking (Pipi Mediaslongas), todo un exemplo do divertido  que é xogar e xogar…!

Fixemos diferentes actividades con Pippi como protagonista, entre elas, deseñamos diferentes traxes para Halloween/Samaín. Fixemos unha presentación das nosas personaxes e gravámolas. Recollemos algunhas no seguinte vídeo:

 

DÍA DA PAZ

Co motivo da conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz, que se celebra o 30 de xaneiro, as nenas e nenos do cole decoraron os corredores con pombas de origami. Cada aula deixou a súa imaxinación e creatividade voar....

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Deixámoslles unha escolma de libros, xogos de mesa e robots educativos para este Nadal. Bo Nadal a tod@s!

3 DE DECEMBRO

O día 3 de decembro é o día das persoas con diversidade funcional, o día da discapacidade. Seguindo a liña do PDI cada clase elaborou unha peza para un crebacabezas xigante co lema: "xogos para todos porque somos capaces". Encaixaban todas as pezas, igual que no noso cole encaixamos todos e todas coas nosas diferenzas!

 

SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!

Xa saen os libros viaxeiros dentro das súas mochilas para desfrutar da lectura en familia. 

CONSELLO DA INFANCIA

Ola familias!
O pasado día 19 de novembro constituíuse o Consello da Infancia do CEIP Vicente Otero Valcárcel. Aquí podedes ver unha mostra do que vivimos. Ademais, tedes o álbum completo de fotografías na Galería do centro. Agardamos que sexa do voso agrado.
 

TEATRO EN INGLÉS

As nenas e nenos de 4ºA traballaron co conto Meg and Mog e decidimos preparar unha representación do mesmo utilizando o chroma.

Gravámolo e así quedou!

 

 

MAGOSTO E SAMAÍN

Ola familias!!

Xa tedes a vosa disposición unha nova sección na nosa páxina web, a nosa GALERÍA DE IMAXES!! 

Aquí tedes as fotos da celebración do Magosto e do Samaín da semana pasada. Esperamos que sexan do voso agrado! Se queredes seguir vendo imaxes das celebracións e das actividades levadas a cabo no centro só tedes que ir a parte superior da páxina web e premer en Galería.

 

 

 

ONDE ESTÁ PINGÚI?

Comeza o PDI!! Onde andará Pingüi? Captura o QR e escoita... 

DÍA DAS ESCRITORAS NAS CLASES DE INGLÉS

Polo día das escritoras, na aula de inglés, as nenas e nenos de 4º e 5º descubrimos á escritora inglesa “Julia Donaldson” autora do sonado libro “The Gruffalo” entre as máis  de 200 historias que ten escritas!

Coñecemos varios dos seus libros, sobre os que conversamos describindo as portadas, as personaxes…, e lendo despois. 

Para descubrir algo da súa vida traballamos cun ditado “á carreira” co que tiñamos que completar unha sinxela biografía e poñe,a en orde.

 

Feito isto, elaboramos un “lapbook” co que participamos na exposición polo Día das escritoras que se organizou dende a Biblioteca escolar”

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut