Skip to Content

blog de patricia

CONSELLO DA INFANCIA DO 4 DE OUTUBRO

     O 4 de outubro, coincidindo no Día Mundial dos Animais (o tema elixido este ano para o PDI) celebramos o noso Consello da Infancia con representantes de todas as aulas. Entre outros temas decidimos cal ía ser o nome do proxecto que resultou ser COLE ANIMAL. Se queredes saber máis cousas sobre o que alí se falou podedes consultar a acta que se atopa adxunta nesta publicación, e se queredes saber moito máis sobre o que significa o Consello da Infancia aquí vos deixamos tamén unha infografía resumo. 

 

ESTATUTOS CONSELLO DA INFANCIA de bibliosbardos Carral

MES DA CIENCIA EN GALEGO. A ANESTESIA.

O alumnado de 5ºA fixo este podcast sobre a anestesia contribuindo así á difusión científica e conmemorando o mes da ciencia en galego (novembro).  

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de outubro é un día importante para nós, é o Día das Bibliotecas! Para conmemoralo fixemos varias actividades: 

- Comezaron os APADRIÑAMENTOS LECTORES nos que participa todo o centro en días alternos e en diferentes espazos: na entrada e na biblioteca. Ademais temos varias modalidades, aulas apadriñadas entre si un a un ou nenos/as que baixan a ler aos máis pequenos/as. 

 

- Entregamos AGASALLOS AOS MÁIS LECTORES: 

 

- Dentro do noso PDI "COLE ANIMAL" estudamos as características da nosa masoota Pingüi. 

 

NOVOS RECANTOS DE LECTURA

Dende comezo de curso temos estes novos espazos de lectura, o da entrada onde podedes coller libros e ler mentras estades no recreo ou esperades pola tarde ás actividades, e o recanto da calma do segundo andar. No primeiro recanto so hai dúas normas: non comer nos sofás e coidar os libros. En canto ao segundo recanto, o da calma, ten o uso que veredes na infografía seguinte. Os libros tamén axudan a relaxarse e ensínannos moito sobre emocións e empatía. Animádevos a probalo!

 

Copia de USO DO RINCÓN DE LECTURA de María París Sánchez

OS SÚPER RECREOS DE PINGÜI

Velaí o resultado final do PDI do curso pasado "Os súper recreos de Pingüi". Ademais das xornadas internas e de portas abertas para explicar os xogos de forma oral, fixemos este dossier de instrucións que xa podedes consultar na nosa biblio cando queirades. 

POLO SAMAÍN LECTURAS PARA TI E PARA MIN!

Velaquí o fondo bibliográfico sobre outono e Samaín que podedes atopar na biblio. Ven buscar o teu libro favorito sobre pantasmas, bruxas, arañas e castañas! (Agradecer aos nosos incansables colaboradores/as os seu esforzo axudándonos a buscar os títulos nos andeis).

polo outono e o samaín... lecturas para ti e para min! de Teacher Marta

5 DE OUTUBRO, DÍA DOS ANIMAIS

Todos e todas escoitando o programa de radio do alumnado de 6º A polo Día dos Animais seguindo o PDI do centro "Cole animal". Aquí poderedes escoitalas! 

MARTES DE RADIO PINGÜI

Todos os martes o alunado de 6º emite en directo un pequeno programa de radio. Comezan os martes radiofónicos de Radio Pingüi!

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut