Saltar navegación.
Inicio

SAÍDA DE INFANTIL FIN DE CURSO: CAMPO DA AREOSA

Como despedida do curso, o alumnado e profesorado de Educación Infantil gozaron dunha mañá no Campo de Areosa, en Vimianzo.

Alí aproveitaron para coñecer o terreo,ver os cabalos, facer unha búsqueda de tesouros, merendar todos/as xuntos e, por suposto, xogar e xogar!!

Agradecemos a colaboración da Asociación Cabalar e Cultural Monte Faro por achegarnos os animais e darnos a oportunidade de poder velos de cerca.

 

     

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 5º E 6º DE PRIMARIA

 O alumnado de 5º e 6º de primaria gozaron dun marabilloso día de excursión, onde visitaron a exposición de Picasso no Museo de Belas Artes da Coruña, merendola no Parque de San Pedro e remataron o día cunha explosión de diversión no Urban Planet de Oleiros.

   

LISTADO DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024

 Premendo no seguinte enlace pode acceder ao listado de libros para o vindeiro curso 2023-2024:

 

 

*RECOMÉNDASE AGARDAR A SETEMBRO Á TITORÍA DE PRINCIPIO DE CURSO PARA COMPRAR LIBROS, POR SI HOUBERA VARIACIÓNS

 

 

O ALUMNADO DE 5º GOZA COA MÚSICA

Os alumnos e alumnas de 5º disfrutan da música concentrados no ritmo e gozando dos seus logros:

    

LECTURAS DA SEMANA

Esta semana despedimos o curso de contacontos cos poemas de Abezoo!

CLUBE DE LECTURA "BIBLIOLEO"

O clube de lectura "Biblioleo" despide o curso cos poemas de Marilar Alexandre, nesta ocasión á beira do río!!

MADRIÑAS LECTORAS: "LAS MANOS NO SON PARA PEGAR"

As nosas madriñas lectoras prepararon para o alumnado de primeiro "Las manos no son para pegar":

O NOSO NOVO RECUNCHO DE OCIO EN CONTACTO COA NATUREZA

Este curso comezamos a coa creación dun novo recuncho no noso patio para poder gozar do contacto coa natureza cos nosos amigos e amigas. Contamos coa colaboración dos papás que axudaron ao alumnado a plantar as árbores e con novos bancos, achegados polo Concello de Vimianzo, onde os nenos e nenas poden aproveitar para ler, relaxarse e relacionarse nos momentos de ocio.

Esperamos poder seguir engadindo melloras que o fagan áinda máis acolledor!

  

PROXECTO CONCELLO DE VIMIANZO: ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA.

O alumnado de segundo de primaria preséntanos no vídeo o que aprenderon no seu proxecto sobre Concello de Vimianzo.

Que ben o fixeron!

 

LECTURAS DA SEMANA

Esta semana "Orellas de Bolboreta" para infantil, da man de Nerea e Noa e "Rato Ton e Rata Tomasa", para primeiro, con Pili e Marta.

Distribuir contido