Saltar navegación.
Inicio

UN LIBRO POLO NADAL

Que mellor agasallo que un Libro polo Nadal!

 

DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS- 10 DE DECEMBRO

Mural elaborado polo todo alumnado do centro para conmemorar o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

 

"TODA PERSOA TEN DEREITO Á EDUCACIÓN"

 

      

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de admitidos/as de distribución de máscaras.

En canto dispoñamos das máscaras, comunicaremos ás familias o reparto das mesmas polo espazoAbalar.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de excluídos e admitidos na distribución de máscaras.

En caso de exclusión da listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

                               Ceip Plurilingüe San Vicenzo, 30 de novembro de 2020

EDUCANDO EN IGUALDADE DE XÉNERO

Hoxe o alumnado do CEIP Plurilingüe San Vicenzo  gozou dunha fantastica gincana coa que traballamos dinámicas para o fomento da Igualdade de Xénero.

Pasárono xenial!

 

(PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE FOTOS)

25 N- Déixaa que Baile!

O 25 de Novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero baixo o lema "DÉIXAA QUE BAILE!!". Todas as clases participaron na creación do Lazo Xigante con collage de fotos dos nenos,  aprenderon a canción "Déjala que Baile" e elaboraron os seus zapatos morados con menxases para o agresor, que deixamos no cole a modo de exposición.

Se queredes ver como quedaron, poñede un ollo ao seguinte vídeo!

(Preme na Imaxe para acceder ao vídeo)

APRENDENDO CON BALÚ - ASOCIACIÓN ALOUMIÑOS E CADELAR - INTERVENCIÓNS ASISTIDAS CON ANIMAIS

Onte tivemos no colexio unha visita moi especial da man da asociación Aloumiños en colaboración con Cadelar, intervencións asistidas con animais. O alumnado de 5 anos realizou un taller para traballar a tenencia responsable  de animais e gozaron coa visita da súa mascota Balú.

Canto nos gustou!

 

NON A VIOLENCIA DE XÉNERO- POR MARÍA PARDIÑÁS- 4º DE PRIMARIA

A alumna de 4º de primaria María Pardiñas elaborou unha pequena presentación para conmemorar o Día 25 de Novembro Contra a Violencia de Xénero,

preme na imaxe para poder descagala:

Noraboa polo traballo, María!!

A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES- 25 DE NOVEMBRO "NON A VIOLENCIA DE XÉNERO"- ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA

O alumnado de 4º de primaria traballou " A Historia dos Bonobos con Lentes" para conmemorar o día do 25 DE NOVEMBRO, no seguinte vídeo podedes ver o resultado do seu estupendo traballo:

Distribuir contido