Saltar navegación.
Inicio

OBRADOIRO "A XERACIÓN DA IGUALDADE"- Asociación Visibles

Esta semana levamos a cabo obradoiros para o alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria da man de Olalla Trigo, coordinadora e tallerista do programa "A Xeración da Igualdade" da Asociación Visibles.  O obradoiro-contacontos "A Comunidade Vagalume" gustoulle moito aos nosos pequechos e pequechas.

PADRIÑOS LECTORES

 

OBRADOIROS SOBRE NUTRICIÓN PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

O día 21 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de primaria participou nun obradoiro para tratar a importancia de manter unha alimentación saudable. Este foi impartido pola nutricionista do centro de saúde de Vimianzo.

 

PADRIÑOS LECTORES

 

 

 

PADRIÑOS LECTORES: "O libro dos Porcos"

 

Esta semana os nosos padriños lectores, Saray e Román, prepararon " O libro dos Porcos" para os máis pequenos. Un contiño para reflexionar sobre o importante que é a colaboración para ter unha vida mellor!

8 DE MARZO: "AS MULLERES DA NOSA VIDA "

O alumnado de 3º de primaria conmemorou o 8 de marzo con entrevistas baixo o lema "As mulleres da nosa vida".

Aquí unha pequena mostra do resultado:

OBRADOIROS 8M: Día da Muller Traballadora

Con motivo da conmemoración do 8 de Marzo, a axente de igualdade do Concello de Vimianzo, Xiomara Lazo, ofreceu para o alumnado de primaria obradoiros sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no Concello de Vimianzo.

 

 

 

Distribuir contido