Actividades

Continuan as propostas de PT para esta semana

 

Máis propostas para o periodo de corentena:

 

  • Unha colección de cadernillos para traballar as táboas de multiplicar no seguinte enlace

https://www.orientacionandujar.es/2020/03/25/coleccion-de-cuadernillos-para-trabajar-las-tablas-de-multiplicar/

  •   O xogo é importante para favorecer a expresión oral e escrita, a comprensión, a atención, a creatividade e a memoria. Pódense usar xogos que xa temos na casa (dados, cartas, xogos de mesa,…) e crear algún (como o memory  ou xogo de parellas), despois escríbense as normas correspondentes.

 

  • Conversacións e expresión escrita sobre as series ou películas que os rapaces vexan.

 

  • Inventar contos

 (Preme no debuxo e accede o video explicativo)

 

As profesións non teñen xénero

Hoxe os nenos e nenas de quinto de primaria, tiveron a primeira das charlas dun ciclo de tres, onde a temática da Igualdade será o eixe de todas elas. O centro CIM (Centro da información á muller en Silleda) será o encargado de impartir todas estas sesións. Esta mañá  os nosos alumnos disfrutaron da primeira delas co  título "Ás profesións non teñen xéreno" .

OFERTA EDUCATIVA DO CURSO 2011/2012 NO CEIP DE BANDEIRA

Novidades do curso 2011/2012 no CEIP de Bandeira

1. Programa Experimental de Acompañamento Escolar en Lingua Estranxeira (Inglés): o CEIP de Bandeira oferta a posibilidade de mellorar a competencia comunicativa nas destrezas orais do alumnado en lingua inglesa. Esta actividade desenvolverase en horario de 16:10h. ata 17:10h. Os luns e xoves.

2. Programa de Acompañamento Escolar para o apoio, reforzo e orientación: Outra oferta educativa que presenta o centro é a que se desenvolverá nas tardes do luns e xoves, en horario de 16:10h. ata 18:10h. A finalidade é potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado mediante aspectos como, por exemplo: a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, alento ao estudo, favorecer a transición entre niveis, ciclos así como tamén de etapa.

Powered by Drupal - Design by artinet