Curso 2019-20

Tarefas de música do 1 ao 5 de Junio

INFANTIL:

 Boas rapaces! Esta semana preparade un pao de vasoira e unha varilla. Debuxade un círculo de xiz no chan porque imos xogar co movemento do corpo e facendo ritmos ao mesmo tempo.

Xa veredes que ben o pasades!

 

 

Finalmente, podemos mover o noso corpo ao ritmo desta canción de Ludovico Einaudi para relaxarnos un pouco ao longo dun momento do día.

 

PRIMARIA:

 

Boas! Nesta semana deixovos unha serie de xogos musicais para que disfrutedes deles nos vosos fogares:

 

Ritmos corporais coa canción de “Dance Monkey” 

 

 

Xogos musicais rítmicos con dous vasos de plástico

 

 

Rondó con periódicos

 

 

Substitución de sons por letras

 

 

Reggaeton da cacerola (moi divertido)

 

 

Pasade boa semana, que xa queda pouco. E, coma sempre, disfrutade da MÚSICA!!!

Aloumiños en tempos de COVID-19

O curso está chegando á súa etapa final. E para elo, moitxs dos vosxs compañeirxs e familiares, quérenvos enviar varias mensaxes a través da música...

Nina móstranos o seu instrumento tradicional

Nina móstranos o instrumento que lle creou o seu avó. Atendede ás costumes musicais tradicionais! Que curioso!

Noela canta e toca "A Rianxeira"

Mirade como Noela nos canta unha canción que de seguro coñeceredes...

TAREFAS PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL DO 1 DE XUÑO AO 5 DE XUÑO.

Descarga os documentos adxuntos para ver as tarefas da semana do 1 ao 5 de Junio.
Un saúdo.
Isabel

TAREFAS PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL DO 1 DE XUÑO AO 5 DE XUÑO.

 Ola familias!:

Para esta semana do 1 ao 5 de xuño envíovos unhas fichiñas de lectoescritura e de lóxica-matemáticas que podedes descargar nos documentos adxuntos. A partir do mércores 3 como xa ides dispoñer dos libros aproveitaremos ese material para que os nenos/as fagan nas vindeiras semanas.... 
Un saúdo
Carmen

Tarefas para a semana do 1 ao 5 de Xuño

Ola meus numerosos!! Xa chegou Xuño e respírase a fin de curso... pero aínda quedan tres semanas de traballo. Non baixedes a garda e seguide traballando. Mandádeme o que esteades facendo. O traballo ben organizado é pouco traballo e trae moitas alegrías. Feliz semana!!

Unha grande aperta!!!

ESTIMACIÓN PARA O MES DE XUÑO

 

FAMILIAS, ESTIMAMOS XA UN PLAN DE TRABALLO PARA AS TRES SEMANAS DE XUÑO. COMUNICARASE, SE É O CASO, CALQUERA CAMBIO QUE POIDA HABER.

APROVEITAREMOS O MATERIAL QUE IDES TER O MARTES POLA MAÑÁ E DISTRIBUIRÉMOLO TAMÉN CON VISTAS Ó VINDEIRO CURSO.

O LIBRO DIXITAL SEGUÍDELO TENDO A DISPOSICIÓN COS RECURSOS AXEITADOS.

ESTÁ TODO EXPLICADO NO 1º DOS DOCUMENTOS ADXUNTOS.

LEMBRADE O VOSO HORARIO PARA A RECOLLIDA DE MATERIAL O MARTES DÍA 2.

UN SAÚDO. Cristina V. G.

 

TAREFAS PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL DO 1 DE XUÑO AO 5 DE XUÑO.

Descargar o arquivo adxunto para acceder ao traballo

Un saúdo

A titora de 3 anos

Traballo para a semana do 1 ao 5 de Xuño

Descarga o archivo adxunto para acceder ao plan de traballo correspondente á semana do 1 ao 5 de Xuño.

O traballo deberá ser devolto o seguinte correo susovilla@edu.xunta.es ben de forma diaria ou todo xunto antes do Domingo 7 de Xuño.

Calquera dúbida que teñades poñédevos en contacto conmigo mediante o correo eléctrónico.

Un saúdo

Jesús

Powered by Drupal - Design by artinet