CEIP Ramón de Valenzuela

A VOLTA AO COLE

VOLTAMOS

COLE

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2014/2015

 

calendario escolar

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2014/2015

Libros

 

Nos arquivos adxuntos podedes ver a relación de libros de texto e o material preciso para o vindeiro curso escolar 2014/2015

 

 

 

COMEDOR ESCOLAR 2014/2015

TODOS OS ALUMNOS/AS DO CENTRO QUE QUEIRAN FACER USO DO COMEDOR ESCOLAR DEBERÁN  PRESENTAR NO COLEXIO,  ANTES DO 10 DE SETEMBRO DE 2014, O IMPRESO DE AUTODECLARACIÓN DE RENDAS DEBIDAMENTE CUBERTO E ASINADO.

comedor

Nos arquivos adxuntos podedes consultar a seguinte documentación:

- DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

- Información de como obter a renda neta per cápita familiar.

- Modalidades da unidade familiar a efectos de IRPF.

- Impreso de autodeclaración (Anexo II).

 

 

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO 2014/2015

 

Axudas libros

ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2014/2015

admision alumnos

A apertura do prazo para a solicitude de admisión de alumnos e alumnas para o curso escolar 2014-15 dará comezo o vindeiro día 1 de marzo e rematará o día 20. Este proceso de admisión está regulado polo Decreto 254/2012, do 13 de decembro e desenvolvido pola Orde do 12 marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013). Nos arquivos adxuntos podedes ver toda a información sobre o proceso.

BIBLIOTECA ESCOLAR

¡¡¡A biblioteca do centro xa está aberta!!!

Non deixedes de visitar a Garabullo e participar no blog onde poderedes seguir todas as novidades deste curso.

 

biblioteca

OLLOS DE AULA, Nº 9

Revista para as familias do alumnado. Editada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.oLLOS, 9

OFERTA EDUCATIVA CEIP DE BANDEIRA

 

Novidades do curso 2013/2014 no CEIP de Bandeira

 Programa de Acompañamento Escolar en Lingua Estranxeira (Inglés):

Este curso, o CEIP de Bandeira volve a ofertar a posibilidade de mellorar a competencia comunicativa nas destrezas orais do alumnado en lingua inglesa. Como novidade, comezarase no mes de outubro para reforzar tamén o traballo académico da área.

Esta actividade desenvolverase en horario de 16:10h. ata 17:10h. os luns e xoves para o alumnado do 2º nivel do 3º ciclo de Educación Primaria. 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet