CEIP Ramón de Valenzuela

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2015/2016

ALUMNADO DE 3º E 5º DE PRIMARIA

Nos arquivos adxuntos podedes ver a Orde que regula a convocatoria e descargar o impreso de solicitude

Banco libros de texto

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2015/2016

 

ALUMNADO DE 1º, 2º, 4º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Nos arquivos adxuntos podedes consultar a Orde pola que se convocan as axudas e descargar o impreso de solicitude

libros textos

SEMANA DA PRENSA

Estamos na Semana da Prensa!!

Estade moi atentos porque estes días.... "As Noticias Voan!!!"

 

Semana da Prensa

 

Máis información no Blog da Biblioteca.

ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2015/2016

 

escola

A apertura do prazo para a solicitude de admisión de alumnos e alumnas para o curso escolar 2015-16 dará comezo o vindeiro día 2 de marzo e rematará o día 23. Este proceso de admisión está regulado polo Decreto 254/2012, do 13 de decembro e desenvolvido pola Orde do 12 marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013). Nos arquivos adxuntos podedes ver toda a información sobre o proceso.

CAMBIAMOS DE NOME

O xoves 19 de febreiro publícase no DOG a ORDE pola que o noso centro pasa a denominarse CEIP Ramón de Valenzuela.

Ramón de Valenzuela. As olladas da esperanza

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

violencia de xénero

 

Máis información no Blog da Biblioteca.

RAMÓN DE VALENZUELA

Na reunión do Consello Escolar, celebrada o martes 14 de outubro de 2014, decidiuse por unanimidade de todos/as os asistentes aceptar a proposta do claustro de profesores para que o noso centro pase a chamarse CEIP Ramón de Valenzuela. Agora correspóndelle ao pleno do Concello emitir un informe favorable para poder continuar cos trámites.

Pincha sobre a foto para saber máis

Ramón de Valenzuela

Powered by Drupal - Design by artinet