Novas Deporte Escolar

Tenis de Mesa

Gifs Animados de Ping Pong

Tenis de Mesa 22-23.

Gifs Animados de Ping Pong

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

 30 de novembro de 2022.

 O vindeiro, mércores 30 de novembro, terá lugar a 2ª xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, da presente campaña Deportiva 22-23,  en horario de 16:30h a 19:00h, no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 19:30h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e rotonda igrexa Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo e merenda. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:30h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Deporte en Tui

Imagenes Animadas de AtletismoEurocidade VI Urban Trail Night.Dm4uz3 Foekoe Sticker - Dm4uz3 Foekoe Foekoe Gaming Stickers

Sábado 26 de Novembro de 2022

Eurocidade Valença- Tui

O pasado sábado día 26 de Novembro de 2022,  tivo lugar a proba Eurocidade VI Urban Trail Night, entre Valença e Tui, a partires das 20:30h. Alí estivo o equipo de voluntarios do CEIP Nº2 de Tui, formado nesta ocasión por: Eloy, Eloy, Alicia, Aldara, Carla, Sabela, Sara e  Xiana.  Tamén colaboraron co equipo Xoel, Rubén, Alfonso e Cris os papás e o irmá de Sara. Moitísimas grazas a tod@s pola vosa gran axuda.

Eles foron os encargados de repartir o avituallamento aos corredores, así coma de sinalizar, recoller os residuos e deixar todo limpo e recollido. Un gran traballo que a organización califica de excelente.

Motisimas grazas a tod@s polo bo facer, polo voso compromiso e pola vosa axuda.

Deporte en Tui

Imagenes Animadas de AtletismoEurocidade VI Urban Trail Night.Dm4uz3 Foekoe Sticker - Dm4uz3 Foekoe Foekoe Gaming Stickers

Sábado 26 de Novembro de 2022

Eurocidade Valença- Tui

O vindeiro sábado día 26 de Novembro de 2022,  terá lugar a proba Eurocidade VI Urban Trail Night, entre Valença e Tui, a partires das 20:30h.

VI Urban Trail Night Eurocidade | Deporticket

Dende o equipo de Deporte Escolar, do Ceip Nº2 de Tui, imos participar na proba de apoio como voluntarios para repartir o avituallamento, no paseo fluvial, debaixo da praza da Estrela en Tui, para iso temos que estar na  na Praza da Inmaculada ( Diante do Xulgado antigo) ás 20:00h. E as familias recolleránnos no mesmo sitio, as 22:00h. Se alguna familia quere permanecer na actividade cos seus fillos son benvidas. Para calquera dúbida chamar ao teléfono 650602161.

Deporte na Escola

Gifs Animados de Ping PongTenis de Mesa 22-23.Gifs Animados de Ping Pong

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

23  de novembro 2022

O pasado mércores día 23 de novembro de 2022, tivo lugar a 1ª xornada da competición escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, no Pav. do Ceip de Sobrada. nesta xornada participou numeroso alumnado de 3º, 4º, 5º a 6º. Unha tarde na que gozamos de moito tenis de mesa, coñecemos compañeiros de outros colexos e vivimos grandes momentos.

Aquí vos deixamos algunhas fotos de esta estupenda xornada.

 

Tenis de Mesa

Gifs Animados de Ping Pong

Tenis de Mesa 22-23.

Gifs Animados de Ping Pong

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

23 e 30 de novembro de 2022.

 

O vindeiro, mércores 16 de novembro, “NON  HABERÁ” xornada de tenis de mesa como estaba previsto. A 1ª xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, da presente campaña Deportiva 22-23, terá  lugar o vindeiro mércores día 23 de novembro,  en horario de 16:30h a 19:00h, no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 19:30h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e rotonda igrexa Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo e merenda. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:30h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

 

Deporte en Tui

Imagenes Animadas de AtletismoVI Urban Trail Night Eurocidade.Dm4uz3 Foekoe Sticker - Dm4uz3 Foekoe Foekoe Gaming Stickers

Sábado 26 de Novembro de 2022

Eurocidade Valença- Tui

O vindeiro sábado día 26 de Novembro de 2022, terá lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, a proba terá lugar entre Valença e Tui, a partires das 20:00h ata ás 22:00h.

VI Urban Trail Night Eurocidade | Deporticket

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui, imos participar na proba de apoio como voluntarios, invitamos a aqueles alumnos/as de 6º de primaria que queiran axudar e colaborar na mesma, como voluntarios que cubran a seguinte notiña. A nosa axuda será repartindo o avituallamento. Teredes máis noticias ao longo da semana.

Se queredes máis información sobre a proba pinchade aquí.

Campo a Través

Campo a Través Zonal 22-23.Gifs de Atletismo

Área Recreativa Ribeira de Caldelas ( Tui)

12 novembro 2022

O pasado sábado día 12 de novembro de 2022, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións do área Recreativa da Ribeira de Caldelas (Tui). O noso alumnado participante gozou dunha gran xornada, acadando grandes resultados, que lles dan o pase para participar no Campionato Provincial de Campo a Través. Noraboa!.

Na categoría Benxamín Feminina o equipo clasificouse no 2º posto. Sendo María de 2ºA a 3ª clasificada individual da categoría.

 

Na categoría Benxamín Masculina o equipo clasificouse no 1º posto. Sendo Raúl de 3ºA a 2º clasificado individual da categoría.

Na categoría Alevín Feminina o equipo clasificouse no 2º posto. Sendo Elena de 4ºC a 3ª clasificada individual da categoría.

Na categoría Alevín Masculina o equipo clasificouse no 2º posto. 

Noraboa a tod@s! atoparedes máis información cos resultados, fotos e videos da proba en agrudebam, premede sobre o logo de agrudebam.

AgruDeBaM | Tomiño | Facebook

Deporte na escola

 

Gifs Animados de Ping PongTenis de Mesa 22-23.Gifs Animados de Ping Pong

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

16, 23 e 30 de novembro2022

Os Vindeiros mércores 16,23e 30 de novembro de 2022, vai ter lugar a competición escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva no Pav. do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º, 4º, 5º a 6º que queiran participar. 

Pincha aquí para descargar a autorización para participar en tenis de mesa.

Campo a Través

Campo a Través Zonal 22-23.Gifs de Atletismo

Área Recreativa Ribeira de Caldelas ( Tui)

12 novembro 2022

O Vindeiro Sábado día 12 de novembro de 2022, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións do área Recreativa da Ribeira de Caldelas (Tui). 

 

Pincha aquí para descargar a autorización da proba.

Aliméntate ben

Gifs animados de Lechugas, animaciones de LechugasSementando Leitugas.▷ Gifs Animados de Alimentos - Gifs Animados

O alumnado de 5ºA de Educación Infantil o venres día 11 de novembro visitou a horta para sementar chícharos e leitugas. Fixeron unha sementeira, cando medren separarán as plantas para que medren boas leitugas, para facer ensaladas de todo tipo.

Aliméntate Ben

▷ Fresas: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!Plantando amorodos.Gifs Animados de Fresas

O venres 11 de novembro de  2022, o alumnado de 5ºA e de 3ºB estiveron plantando amorodos, na horta. Así, na zona que medran as framboesas, teremos unha zona de froitos vermellos, no que medrarán exquisitos amorodos tamén.

 

Así quedou a nosa plantación, agora a esperar os seus froitos.

Aliméntante Ben

Resultado de imaxes para gifs animados guisantesSementando Chícharos.guisante01

O alumnado de 5ºA de Educación Infantil o venres día 11 de novembro visitou a horta para sementar chícharos. Cada un plantou os seus, que esperan que medren axiña para vender no mercado " Cintas de Cores", ou para facer receitas saudables na cociña da escola.

Aliméntate Ben

hierba - PicMixPlantando gramón na horta.

Hoxe venres, 11 de novembro o alumnado voluntario da horta, estivo no recreo plantando gramón, para facer da nosa horta un espazo máis limpo, sen malas herbas.

Cando medre teremos unha horta xardín para gozar, plantándo alimentos saudables. Grazas equipo

Campo a Través

Top PE Website- Pete Charrette (Cap'n Pete): Hall of Fame RecordsCAMPO A TRAVÉSImagenes Animadas de Atletismo

 

HORARIO LECTIVO.

 

Hoxe, 4 de novembro de 2022 tivo lugar a primeira das actividades deportivas de Agrudebam. A proba de campo a través en horario lectivo, para o alumnado de 4º e 5º na Ribeira de Caldelas entre as 10:00h e as 12:30h.

Xa temos dispoñibles os resultados en Agrudebam, clicade sobre o logo para  acceder, dende logo fixéstelo xenial.

AgruDeBaM | Tomiño | Facebook

Deporte na Escola

 

INFANTIL 5 - COLÉGIO SER: VIDEOAULA - FICHA 97 + PORTFÓLIO - 08/06/2020

Xornada de Xogos

Populares

para alumnado de

Infantil.

 

O pasado venres día 4 de novembro de 2022,

levouse a cabo a xornada de xogos populares

para o alumnado de Infantil no colexio. O

alumnado de 6º foi o encargado de ensinar

aos demáis cativos moitos, moitos xogos

antigos, para nenos e nenas de agora. O certo

é que o fixeron xenial como profes. Noraboa!.

Din os nenos e nenas de Ed. Infantil que o pasaron xenial con vós.

Distribuir contido