Skip to Content

                              

Portada

Xogos, cancións e danzas populares

Na ligazón do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, pódense descargar xogos, cancioneiros e danzas populares dos que practicamos no colexio.

Renovación parcial dos membros do Consello Escolar

Este curso tocou renovar a metade dos membros do Consello Escolar.

O proceso electoral tivo lugar ao longo do mes de novembro.

Celebración do Samaín & Halloween 2012

O 30 de outubro celebramos a festa do Samaín no colexio cun día de adianto. Este ano volverémolo a celebrar no colexio coa realización das seguintes actividades:
  • Imaxes da celebración da festa do Samaín:

 

 

 

 


Formulario para votar polos mellores traballos presentados a concurso:

 

Modelo de plantilla para a votación.

Ver Resultados das votacións: Cabazas e Mazorcas. Preme para ver aos gañadores.

 


Vídeos para ver no Samaín:

 

 

 

 

Día da biblioteca 2012

O 23 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas. No colexio realizamos varias actividades, que estivemos preparando ao longo durante toda a semana, entre as que destacan:

Galería de imaxes das actividades realizadas

 

  • Presentación do novo traballo colaborativo que realizaremos entre toda a comunidade educativa e que consistirá na elaboración dun libro de contos sobre Xuve que unha vez rematado pasará a engrosar os fondos da biblioteca.
  • Presentación das mochilas viaxeiras deste curso.
  • Concurso de recitaxe de poemas sobre a biblioteca con elección do mellor curso de recitadores.

  • Información das actividades a realizar desde a biblioteca para a celebración do Samaín.
  • Visionaremos o seguinte vídeo, que realizaron os nosos compañeiros do CEIP Curros Enríquez de Celanova, sobre o funcionamento da biblioteca.

Separa ben, recicla mellor

O venres, 5 de outubro, realizamos no noso centro un obradoiro de reciclaxe coa colaboracion da entidade sen ánimo de lucro Ecoembes e a Xunta de Galiza. O lema das actividades realizas foi: "Separa ben. Recicla mellor".

A traves de diversas actividades lúdicas aprendemos como reciclar ben o lixo que producimos diariamente tanto no colexio, como nas nosas casas.

Galería de imaxes

 

Lipdup "Eu falarei"

O EDL do IES de Chapela elaborou este fermoso Lipdup que non se aburre un de ver.

 

A miña condición física




Pinchando no arquivo de abaixo podedes acceder á ficha de rexistro da condición física, que tedes que gardar na carpeta dropbox do voso ordenador.

Nesta ficha iredes anotando os vosos resultados nas diferentes probas.

Ánimo e... A SUPERARSE!! 

 

 

 

Calendario curso 2012/2013

 Calendario escolar curso 2012/2013
 

Ver arquivo PDF

 

Día non lectivos do centro:

mércores, 19 de setembro do 2012


 

Horario xeral
De luns a xoves
 Mañáns 09,30 a 13,10  
 
 Tardes 14,20 a 16,00  
Venres  Mañás 09:30 a 13:15  

 

Horario setembro e xuño
Mañáns   09,15 a 13,30  

 

Datas de entrega de notas:  
1ª Avaliación 21 de decembro  
2ª Avaliciación 22 de marzo  
3ª Avaliación 21 de xuño  

 

Reunión dos titores cos pais e nais

O xoves 13 de setembro realizaremos a primeira reunión cos pais e nais do alumnado de Educación Primaria, para informar do desenvolvemento do novo curso escolar e das novas acontecidas desde o remate do curso pasado.

Os familiares do alumnado de Educación infantil tiveron unha charla informativa o primeiro día de clase ao traer aos nenos ao colexio.

Na reunión púxose de manifesto que a coordinación familia/escola ten que funcionar da mellor maneira posible, o que repercutirá na mellora da calidade educativa do centro, sendo os principais beneficiados o alumnado do colexio.

Facilitouse a seguinte información:

  • Recortes comedor e transporte.
  • Novo horario do centro.
  • Fichas de datos.
  • Horarios do alumnado.
  • Información sobre os diferentes Plans que se están a desenvolver no centro:
    • Proxecta, PROA, PLAMBE, Fomento do Galego, Linguas estranxeiras...

Novo horario do centro

Na seguinte ligazón podedes descargar o horario do centro educativo que rixe desde o curso 2012/2013.

Horario do centro

Distribuir contido


by Dr. Radut