Skip to Content

                              

Educación infantil

DÍA DAS APERTAS

Saída ao pobo de Boborás co lema "Unha aperta, un agasallo" do alumnado de Educación Infantil.

SAÍDA A BIBLIOTECA E AUDITORIO DE OURENSE

Saída a Biblioteca Pública para asistir a un contacontos e ao Auditorio de Ourense para ver a obra de teatro PINGÜÍN.

DÍA DA AUGA, ÁRBORE E POESÍA

Actividade do día da auga, árbore e poesía cos experimentos con auga e abrazando as árbores do patio.


 

 

OBRADOIRO ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Obradoiro de froitas co alumnado de Educación Infantil.

CINE A LEIRO

Saída do alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria ao cine a Leiro a ver a película TROLLS 3.


FAMILIAS QUE CONTAN

E chegaron 2 contos máis, desta volta , Vanessa, a nai de Adrián da clase de 5 anos fíxonos un "contacontos" dobre.

Moitísimas grazas a Vanessa polo seu tempo e implicación.

 Agardamos que vos gusten tanto coma a nós!

 

En primeiro lugar, un clásico do Nadal que nunca pasa de "moda" ( e tamén unha das recomendacións lectoras de Nadal para o alumnado de ED. Infantil) "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" 

 

 

E en segundo lugar, esta historia tan orixinal: "O principiño e Adrián".

 

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!

CONTACONTOS POR PARTE DAS FAMILIAS: NADAL

Hoxe tivemos a visita de Ana, a nai de Antón ( da clase de 5 anos) que nos veu contar: "Cando Martiño tivo ganas de mexar a noite de Reis"  ao alumnado de ED. Infantil e 1º de ED. Primaria.

 Moitas grazas a Ana por achegarse ao cole e compartir con nós o seu tempo!!! 

 

Ademais Beatriz, a nai de Xermán , da clase de 1º de ED. Primaria fíxonos chegar dous contos moi propios do Nadal, que nos contou coa axuda do seu fillo.

Agardamos que os desfrutedes tanto coma nós.

 

 

 

 

 

Xogando coas cores na biblioteca: mesa de luz co alumnado de ED. Infantil.

No primeiro trimestre o alumnado de ED. Infantil (en pequenos grupos)  ademais de utilizar a biblioteca para ver contos e para coller os libros para levar á casa e ler en familia, tamén tivo varias sesións para traballar as "cores" dun xeito divertido: coa mesa de luz.

 

Partindo do branco, fixeron series, agrupamentos e pequenos puzzles coas pezas de cores ( observando así as distintas figuras xeométricas) que oh! sorpresa!!,  cambiaban segundo a cor de  base que tivesen.

 

Foi unha experiencia moi divertida e interesante, que lles gustou moitísmo!!!

 

 

 

 

Aprendendo coa "makey makey" en ED. Infantil

Neste trimestre o alumnado de ED. Infantil estivo xogando cunha placa chamada "makey makey" ( un elemento moi interesante para traballar a "pre-robótica") que nos permitiu facer que tocabamos os "bongos" con  kiwis ou tocar un pequeno piano de cores e facer música. 

 

Tamén se divertiron simulando que tocaban unha batería ou algún que outro instrumento musical ao mesmo tempo que traballabamos a súa motricidade fina e a atención. 

 

Foi unha experiencia divertida e interesante na que puideron ver unha das moitas funcionalidades que ten esta plaquiña.

 

Aquí quedan algunhas fotos do alumnado en acción.

 

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO ED. INFANTIL: LALIN-PDI LAXEIRO

Como sabedes , o alumnado de ED. Infantil estamos facendo un PDI sobre o homenaxeado no día das  ARTES GALEGAS 2022: PDI LAXEIRO

 

Como culmen ao noso proxecto, e tendo en conta a terra natal de Laxeiro, pareceunos interesante e oportuno facer a nosa excursión de fin de curso a LALÍN e poder ver algunhas das súas obra en directo.

 

En primeiro lugar fomos ao Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa (queremos agradecer ao persoal do museo , as actividades que nos tiñan preparadas, e o bo facer para que disfrutásemos da exposición sobre Laxeiro) , ademais de ensinarnos o observatorio . 

 

Despois da visita, e coller forzas merendando, fomos ao Pazo de  Liñares. onde, ademais de poder desfrutar do mesmo visitamos as exposicións sobre o Xoguete e a Marioneta ( que lles fascinou)

 

Xantamos no Pazo, e despois houbo un momento para poder xogar, e por último, autobús e para o colexio.

 

Pasárono xenial, desfrutaron moito, pudieron ver obras do autor sobre o que traballamos e o museo do xoguete e a marioneta encantoulles.

Agradecemos tamén á profe Mercedes, oriunda de Lalín que organizase gran parte da excursión, e tanto ao persoal do Museo , coma ao do Pazo a boa acollida.

 

Quedan aquí unhas poucas fotos do día tan intenso que viviron:

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut