Skip to Content

Secretaría

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa están dispoñibles no taboleiro interior do centro as listaxes de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto.

Por protección de datos non se publicarán as listaxes na páxina web.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

O plazo para as reclamacións é ata o venres, 10 de xullo.

Horario do centro: de 10 a 13 h.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA PARA O ALUMNADO NOVO. CURSO 2020/2021

Dende o 1 de xullo e ata o venres 10 de xullo, o alumnado que solicitou praza no CEIP Nosa Sra. de Xuvencos para o vindeiro curso 2020/2021, ten que formalizar a matrícula na secretaría do centro.

HORARIO: DAS 10 H ÁS 13 H.

Se non se formaliza, a reserva de praza quedará invalidada.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2020-21

Nos ficheiros adxuntos podedes consultar a listaxe definitiva de alumnos admitidos para o curso 2020/21.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2020-21

Todo o ALUMNADO NOVO que presentou a solicitude de admisión dentro do prazo previsto, FOI ADMITIDO para o vindeiro ano escolar 2020/2021.

No archivo adxunto podedes ver o listado, tanto para 4º de E.I. como para 1º de E.P.

 

 

O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA SERÁ DO 1 AO 10 DE XULLO DE 2020

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO ESCOLAR 2020-2021

 

Segundo a Orde do 12 de maio do 2020 (DOG 19 de maio de 2020) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

DESTINATARIOS

Ø  FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Para alumnado de 3º, 4º e 6º de Educación Primaria.

O alumnado de 5º de Educación Primaria queda pendente, xa que o centro solicitou o Proxecto E-Dixgal (libros dixitais).

Ø  AXUDAS PARA ADQUIRIR OS LIBROS DE TEXTO

Para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

Ø  AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

 Para todo o alumnado de Educación Primaria (de 1º a 6º).

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado ao alumnado matriculado en Educación Primaria con renda (exercicio fiscal do ano 2018)  per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

FORMA DE PRESENTACIÓN

Ø  As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Ø  Presentación no centro: opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes.

Ø  A solicitude será única para todos os/as fillos/as.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Ø  ANEXO I e ANEXO II (debidamente cubertos e asinados polos dous proxenitores ou titores legais)

Ø  Copia do libro de familia ou documentación equivalente onde figure o/a alumno/a e os membros computables da unidade familiar.

Ø  En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentencia xudicial ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.

Ø  Fotocopia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar (cando non autoricen a consulta telemática).

Ø  Renda familiar: achegarán copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao exercicio 2018, cando non autoricen a consulta telemática.

 

PRAZO: REMATA O 19 DE XUÑO DE 2020

 HORARIO DO CENTRO: DE 10 A 13 H

CAMBIO HORARIO

 

A comunidade educativa do CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS

quere comunicar a todas as familias que nos concederon a xornada

continua para o vindeiro curso.

 

O novo horario será de 9:30 h a 14:30 h (setembro e xuño

incluidos) e o comedor será de 14:30 h a 16 h (con recreo incluído)

PRAZO DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2020/2021

Seguindo as instrucións da Consellería de Educación, ábrese de novo o

PRAZO DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

 

Do LUNS, 11 DE MAIO, ATA O LUNS, 18 DE MAIO

(ambos inclusive).

 

Só se pode acceder ao cole dende as 10 h ata as 13 h e, haberá que gardar as medidas de seguridade pertinentes como:

  • Só poderá entrar na secretaría do centro 1 persoa de cada vez e terá que traer postas luvas e mascarilla.
  • As demais persoas, terán que agardar o seu turno respetando unha distancia de 2 m entre cada unha delas.

As solicitudes que se presenten despois do luns, 18 de maio, non se admitirán por atoparse fóra de prazo.

 

 DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN TRAER:

  • SOLICITUDE DE ADMISIÓN CUBERTA E ASINADA POLOS DOUS PROXENITORES
  • FOTOCOPIA DNI/NIE/PASAPORTE DOS PAIS E DO/A NENO/A SE O TEN
  • CERTIFICADO EMPADROAMENTO (DOCUMENTO ORIXINAL)
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA OU FOTOCOPIA DA PARTIDA DE NACEMENTO DOS/AS NENOS/AS.

Fai falta lembrar que a Consellería de Educación pon a disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación "admisión alumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

ANEXO II (modelo de solicitude)

SOLICITUDE EN LIÑA na web da Consellería de Cultura e Educación

 

CALENDARIO ESCOLAR 2019/2020

Preme na esquina inferior dereita para ver e descargar o calendario escolar do vindeiro curso:

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Lembramos que hoxe entregaremos as notas da 2ª avaliación e que voltaremos ao cole o martes 23 de Abril. Boas vacacións a tod@s!

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO ACADÉMICO 2019-2020

Preme no seguinte arquivo adxunto para visualizar e descargar a información relativa ao proceso de admisión do alumnado deste centro para o vindeiro curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut