Skip to Content

                              

blogue deadmin

ADMISIƓN DE ALUMNADO 23-24

PARA O ALUMNNADO NOVO NO CENTRO

O procedemento pódese facer polas seguintes vias:

1- Cubrir a solicitude informƔticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberĆ” seleccionar a opción de menĆŗ ā€œSolicitudes --> Reserva/Admisión --> Crearā€. Deseguido aparecerĆ” unha pantalla na que deberĆ” cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos acadĆ©micos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberĆ” premer no botón ā€œCrear e Confirmarā€. Feito isto poderĆ” descargala para asinar e presentar no centro.

2- Cubrir a solicitude informÔticamente e asinala en Sede Electrónica:

Para presentar a solicitude a travĆ©s da Sede Electrónica deberĆ” acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberĆ” premer na icona verde que se atopa arriba Ć” dereita. Posteriormente deberĆ” seleccionar a opción de menĆŗ ā€œSolicitudes --> Reserva/Admisión --> Crearā€. Deseguido aparecerĆ” unha pantalla na que deberĆ” cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos acadĆ©micos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberĆ” premer no botón ā€œConfirmar solicitudeā€ e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderĆ” asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente Ć” hora de presentar a solicitude.

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIƓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, Ćŗltima pĆ”xina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

3- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

SOLICITUDE ADMISIƓN(GALEGO)

SOLICITUDE ADMISIƓN(CASTELƁN)

VACANTES DO CENTRO

PRAZOS

-Presentación: Do 1 ao 22 de mrzo

- Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.

- Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: no prazo de cinco días hÔbiles posteriores Ô resolución provisional.

-Publicación de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.

- Formalización da matrĆ­cula: Do 20 ao 30 de xuƱo.

 

DOCUMENTACIƓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE (ANEXO II)

-Anexo I Admisión.

-Orixinal ou copia cotexada do DNI do alumno/a (se o ten), e dos seus pais.

-Orixinal ou copia cotexada do Libro de Familia.

-Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o curso para o que solicita praza (só para alumnado de Primaria).

-Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do menos, se é o caso.

 

MENÚ MARZO 2023

Preme na seguinte ligazón para visualizar o menú de marzo.

Entroido 2023 no CEIP Xuvencos

Esta semana vestĆ­monos de Entroido. Desfrutaremos de diversas e divertidas actividades para toda a comunidade educativa.

 

PROGRAMA

 Programa

 

MANDAS DO MECO

 

MENÚ FEBREIRO 2023

Preme na seguinte ligazón para visualizar o menĆŗ de febreiro.

Charla informativa da Garda Civil no CEIP Xuvencos

Lembramos que o vindeiro martes 31 de xaneiro de 2023, Ôs 16.00 horas, terÔ lugar no CEIP Xuvencos unha charla informativa dirixida Ôs familias, por parte da Garda Civil, en colaboración coa Policía Nacional e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas.

A temƔtica da charla estarƔ relacionada cos principais problemas actuais na infancia e adolescencia, como o acoso escolar, novas tecnoloxƭas, drogas e alcol, violencia de xƩnero, bandas xuvenƭs, etc.