Skip to Content

                              

Portada

Curso 2012/2013

EDUCACIÓN INFANTIL

SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Viaxe á praia

O 4 de xuño realizamos unha viaxe ata Samil, en Vigo, para disfrutar dunha xornada de praia.

Tivemos un día moi soleado, o que permitiu que estivéramos na auga a maior parte do tempo, algún de nós apenas saliu da auga... só para comer.

Na galería de imaxes podedes observar o ben que o pasamos... que pena que só fose un día!!

Xogando ao atletismo

O 22 de maio participamos no pavillón do Paco Chao na derradeira competición deportiva do curso 2012/2013: Xogando ao atletismo.

Este ano celebramos a V edición dunha das nosas actividades deportivas favoritas. Participaron os seguintes colexios da Agrupación Deportivo Arenteiro:

  • CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.
  • CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
  • CPI Virxe da Saleta de Cea.
  • CEIP de Amoeiro.
  • CPR Vila de Arenteiro do Carballiño.
  • CEIP Calvo Sotelo do Carballiño.

Os colexios do Vila de Arenteiro e de Amoeiro repartíronse os primeiros postos nas das categorías de alevíns e benxamíns.

Nós acadamos un meritorio 5º posto nas dúas categorías, por diante dos nosos amigos e rivais deportivos do Irixo

Galería de imaxes dos resultados:

 

Galería de imaxes da competición:

I torneo de bádminton

Durante o mes de maio desenvolveuse no centro o I torneo de bádminton. Nel participou todo o alumnado de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria nas categorías de individual e dobres.

Nas seguintes imaxes podes ver o cadro de honra:

 
Individuais Dobres
 
Premio ao xogo limpo e deportista revelación

 

Galería de imaxes da final do torneo:

Infórmate no blog de educación física das clasificacións do torneo.

http://boborasenxogo.blogspot.com.es/

Día das Letras Galegas 2013

Durante a semana das Letras Galegas realizamos varias actividades destinadas a pescudar sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, entre as que destacamos:

  • Compilación dos recursos educativos que fixeron os centros educativosde Galiza.
  • Realización das undidade didácticas que elaboraron os membros do Seminario Galán en todos os ciclos.
  • Realización dunha webquest co fin de elaborar un gran cartaz sobre RVB.
  • Realización da pescuda elaborada polo CEIP Condesa de Fenosa do Barco.
  • Entrega dos premios aos mellores cartacez sobre a defensa e fomento do galego.
  • Reparto dos marcapáxinas gañadores do concurso que convocou a CENDL da comarca do Carballiño.
  • Visita á exposición dos cartaces elaborados polo CEIP de Rianxo.
  • Ampliación da exposición permanente dos cartaces premiados no concurso de cartaces para defensa e fomento do galego.

 

 

V ruada de Boborás

O CEIP Nosa Sra de Xuvencos colaborou coa Agrupación Os Serandeiros de Boborás na celebración da V Ruada de Boborás que coma en anos anteriores se desenvolveu nas instalacións do centro o 11 de maio.

Desde o EDL do centro anímase a toda a comunidade educativa de Boborás, e mesmamente á da comarca do Carballiño, a participar nesta actividade popular co fin de que perduren as nosas tradicións culturais.

Realizáronse as seguintes actividades: obradoiros de baile para nenos e nenas; concurso de aturuxos; concurso de agarrados...

...e para rematar houbo petiscos para todos os asistentes.

Almorzo saúdable

O 9 de maio realizamos no centro, en colaboración coa Consellería de Sanidade, a actividade do "Almorzo saudable" co fin de inculcar hábitos saudables na alimentación do noso alumnado.

Nesta iniciativa volveu a participar toda a comunidade educativa, disfrutando das actividades realizadas, especialmente do momento do almorzo especial que nos preparou a nosa cociñeira Ana.

A técnica de Sanidade fixo un relatorio na biblioteca do cole para o alumnado de Primaria no que lle foi indicando unha serie de pautas a seguir para alimentarse dun xeito equilibrado e completo. Asemade, realizou tamén un obradoiro informativo para o alumnado de Educación Infantil.

Galería de imaxes da actividade:

Contacontos de Anxo Moure

O 8 de maio visitounos unha vez máis un dos nosos contacontos favorito: Anxo Moure. Trouxonos fermosas historias das árbores e dos bosques galegos... e tamén da Paz.

Pasámolo xenial participando activamente nas historias que nos contou, homenaxeando así a Roberto Vidal Bolaño, xa que fixemos de fabulosos actores e actrices interpretando os papeis que Antón nos ía repartindo. Ao remate a súa actuación, regalounos a todos nós un MP3 moi especial, aos profes tamén, que nos axudará a afrontar os problemas sen medo e con esperanza.

Podedes visitar a súa páxina web para saber máis cousas da súa historia e traballo.

Na seguinte galería de imaxes veredes que ben o pasamos...

Visita á piscifactoría

O martes 30 de abril realizamos unha visita didáctica á piscifactoría do Carballiño.

Tivemos un guía moi divertido que nos explicou con todo detalle cal é o proceso de reprodución e cría dos alevíns das troitas.

As troitas que se crían nesta factoría serven para repoboar a maior parte dos ríos de toda Galicia.

Para rematar a actividade fomos de pesca...cada un de nós intentou pescar coas mans unha troita...algúns non fomos quen de logralo!!!

Concurso de cartaces e marcapáxinas

Este ano participamos na V edición do concurso de cartaces en defensa e fomento do emprego do Galego que convocou a CENDL da comarca do Carballiño.

O nivel dos traballos foi moi alto, e resultou moi difícil a elección dos mellores traballos.

Os centros participantes foron os seguintes: CPI de Maside; CPI Virxe da Saleta de Cea; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; IES Chamoso Lamas; CEI de Dacón; e CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.

No noso cole foron premiados os traballos de:

  • Alejandro de Educación Infantil.
  • María e Laura de 2º Ciclo de Ed. Primaria
  • Sara e Paula 3º Ciclo de Ed. primaria.

A relación dos traballos gañadores podédela descargar aquí:

Cartaces de Ed. Infantil e Ed Primaria.

Marcapáxinas de ESO e Bacherelato.

EDUCACIÓN INFANTIL:

 
CPR Sagrado Corazón CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo
   
CPI de Maside CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás
CPI Virxe da Saleta de Cea

Distribuir contido


by Dr. Radut