Skip to Content

                              

Portada

Solicitude de praza para o curso 2014/2015

Desde o 1 de febreiro e ata o 15 do mesmo mes está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES Chamoso Lamas. Dito alumnado deberá presentar no noso centro o ANEXO I debidamente cumprimentado. Se non desexa reservar praza en dito instituto deberá facelo constar por escrito antes do 28 de febreiro e solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo, entregando o ANEXO II debidamente cumprimentado no centro que desexe continuar os seus estudos.

O resto do alumnado, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten Reservada praza de oficio no centro. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude entregada nese novo centro.


Desde o día 1 de marzo e ata o 20  do mesmo mes está aberto o prazo de solicitude de praza no noso centro para novo alumnado ou procedente doutros centros educativos. Por mor da previsión de matrícula para o próximo curso, non deixedes a solicitude de praza para última hora.

O procedemento está regulado polo Decreto 254/2012 e unha Orde que o desenvolve.


Listaxe de admitidos para o curso 2014/2015

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño.


 DOCUMENTOS

 DESCARGA

 Reserva de praza no centro ou IES. Do 1 ao 15 de xaneiro. ANEXO I.

 Solicitude de praza no centro do 1 de marzo ao 20 de marzo. ANEXO II.

 Formalización de matrícula. Do 20 ao 30 de xuño. Requisitos necesarios.

 Documentación que acompañará á matrícula.

 Solicitude de lingua materna en Ed. infantil
 Solicitude de matrícula na área de relixión.

 Autorización para usar as imaxes do alumnado con fins educativos.

Tríptico Informativo
Renuncia á reserva de praza no IES Chamoso Lamas

Día da Paz e non Violencia 2014

Durante a semana do 30 de xaneiro realizamos no centro diversas actividades encamiñadas a conmemorar o Día da Paz e non violencia, tendo presentes que a Paz non é "cousa" dun só día xa que debe estar presente nas nosas actuacións ao longo de todo o ano.

Na seguinte galería de imaxes podedes observar aos verdadeiros protagonistas desta conmemoración.

MANIFESTO POLA PAZ DE ED. INFANTIL

"CAMPÁS POLA PAZ" INTERPRETADA POR 1º CICLO DE ED. PRIMARIA

MANIFESTO POLA PAZ DE 2º CICLO DE ED. PRIMARIA

CONSELLOS DE FACUNDO

 

"LIGHT A CANDLE FOR PEACE"

LOS NIÑOS QUEREMOS LA PAZ

COLOR ESPERANZA

GUERRA DE GLOBOS

 

O entroido en Galiza

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e pagáns, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.

Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galiza. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.

Festival de Nadal 2013

O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal para celebrar o fin do primeiro trimestre do curso e a chegada do Nadal.

Este foi o programa do Festival, se premedes nel veredes o vídeo de cada unha das actuacións.

1. POESÍAS EI: “O boneco de neve”- “Os reis magos”.

2. OBRA 1º ciclo: “ A árbore de Nadal”.

3. CHRISTMAS CAROL 2º ciclo: “We wish you a Merry Christmas”.

4. OBRA 3º ciclo: “ Noel e os seus trasnos”.

5. PANXOLIÑA EI: “Xa chegou o Nadal”.

6. BAILE 1º ciclo: “ Mi burrito sabanero”.

7. CHRISTMAS CAROL 3º ciclo: “ Deck the hall

8. GUIÑOL 3º ciclo: “La estrella juguetona”.

9. POESIA 2º ciclo: “Si yo supiera hacer magia”.

10. OBRA 3º ciclo: “Os tres cirurxiáns”.

11. CHRISTMAS CAROL 1º ciclo: “Jingle Bells”.

12. CANCIÓN DE NAVIDAD 3ºciclo.

13. FRAUTAS 2º ciclo.

14. BAILE 3º ciclo: “Feliz Navidad”.

15. PREMIOS: Postais e mellores lectores.

16. VISITA DE PAPA NOEL.

 

Galería de imaxes das diferentes actuacións:


 


Almorzo saudable 2013

O xoves 21 de novembro relizamos no centro o III "Almorzo saudable" en colaboración coa Consellería de Sanidade.

Esta actividade consiste en darlle ao alumnado información sobre a importancia que ten realizar un almorzo completo e equilibrado para súa saúde e rendemento.

Previo á realización do almorzo, tivemos na biblioteca do cole un obradoiro de alimentación ao cargo dunha técnica de Sanidade. Unha vez finalizado o obradoiro pasamos ao comedor a degustar o menú que nos preparou a nosa cociñeira Carmen. O almorzo consistiu en froita (laranxa e kiwi); manteiga; marmelada; pan; xamón cocido; queixo e leite con cacao.

Na seguinte galería de imaxes podes ver todo o que aconteceu no colexio:

Recursos educativos para celebrar o Samaín

Neste libro iremos reflictindo todos aqueles recursos que nos son de utilidade para a celebración da festa do Samaín.

Excursión a Marcelle

O 8 de outubro realizamos a primeira saída educativo/cultural deste curso. Esta vez, por fin, fomos ao parque zoolóxico de Marcelle, situado no concello de Outeiro de Rei na provincia de Lugo.

Coñecemos e aprendemos moitas cousas sobre animais que nunca víramos e que tan ben coidados están no parque.

Durante todo o percorrido ao parque estivemos acompañados por tres fabulosos monitores que nos axudaron a pasar unha xornada inesquecible.

Pasámolo XENIAL!!


Normativa de comedores

Este curso escolar a Consellería de Educación publicou unha nova normativa para o Servizo do Comedor, segundo a cal se establecen 4 modalidades:

  • Alumnado con gratuidade total.
  • Alumnado que abonará 1 € diario.
  • Alumnado que abonará 2,5 € diarios.
  • Alumnado que abonará 4,5 € diarios.

Os solicitantes de praza no comedor deberán cumprimentar o seguinte documento e presentalo asinado na Secretaría do centro.

Nos seguintes documentos podedes ver a regulamentación que está en vixencia.

Reunión dos titores cos pais e nais

O xoves 12 de setembro realizaremos a primeira reunión cos pais e nais do alumnado de Educación Primaria e Ed. Infantil, para informar do desenvolvemento do novo curso escolar e das novas acontecidas desde o remate do curso pasado.

Os familiares do alumnado de Educación infantil terán unha charla informativa o primeiro día de clase ao traer aos nenos ao colexio.

Na reunión porase de manifesto que a coordinación familia/escola ten que funcionar da mellor maneira posible, o que repercutirá na mellora da calidade educativa do centro, sendo os principais beneficiados o alumnado do colexio.

Facilitarase a seguinte información na reunión:

  • Nova normativa de comedor. (Moi importante)
  • Normativa de transporte.
  • Horario do centro.
  • Fichas de datos.
  • Horarios do alumnado.
  • Información sobre os diferentes Plans que se están a desenvolver no centro:
    • Proxecta, PROA, PLAMBE, Abalar, Fomento do Galego, Linguas estranxeiras...
  • Ao rematar a reunión xeral, os titores informarán nas súas clases, aos familiares do alumnado, sobre diversos aspectos a ter en conta no desenvolvemento do curso escolar 2013/2014.

NON FALTEDES !!

Curta: "Que mal cheira"

O alumnado de 6º de Ed. Infantil e de 1º Ciclo de Educación Primaria participou na elaboración dunha curta de debuxos animados coa técnica de stop motion titulada "Que mal cheira".

 

Non deixedes de vela!!

Distribuir contido


by Dr. Radut