Skip to Content

                              

Portada

Nunca sen almorzo

Nunca sen almorzoO 15 de decembro participamos no programa formativo da Consellería de Sanidade "Nunca sen almorzo".

A xornada educativa foi un tanto especial, xa que ao chegar ao centro tivemos unha clase formativa a través de persoal da Consellería de Sanidade e a continuación pasamos a disfrutar dun almorzo saudable que nos preparou a cociñeira do noso centro a base de froita, cereais, lácteos, tostas de pan, manteiga, mermelada... é unha pena que isto non pase todos os días.

Ao rematar, agasalláronnos cuns marcapáxinas que traen información básica para realizar un almorzo completo e equilibrado.

Para descargar as imaxes preme aquí 

Concurso de postais de Nadal 2011

Este ano volvemos a convocar o concurso de postais de Nadal no centro.

Eleximos a dous premiados por cada Ciclo, e cos catro mellores traballos confeccionamos un almanaque para o Ano 2012.

Premiados:

Ed. Infantil:

Enma Brull Pagán
Paula Crespo Rodríguez
Paula Cabaleiro Gómez

1º Ciclo de Ed. Primaria

Laura González Nedler
Adrián González Díaz

2º Ciclo de Ed. Primaria

Iván Pérez Álvarez
Héctor Fernández Martínez

3º Ciclo de Ed. Primaria

Gabriel Maía Dacosta
Alejandro Iglesias Pérez

O almanaque foi repartido entre toda a comunidade educativa.

Asemade, podedes descargalo premendo na imaxe do mesmo.

Campo a través no Puzo do Lago

O xoves, 24 de novembro, celebrouse a primeira proba de campo a través do curso 2011/2012 no Puzo do Lago de Maside, organizada pola Agrupación Deportiva Arenteiro.

Participamos un total de 8 centros educativos da comarca do Carballiño con 251 atletas inscritos.

A xornada deportiva estivo acompañada dun soleado día, o que axudou a que fose unha gran festa do deporte escolar da comarca.

Hai que felicitar a todos os participantes polo bo comportamento no desenvolvemento das diferentes probas e en especial aos corredores que conseguiron subir ao podio.

Clasificacións:

Imaxes da competición 

 

Máis información no Blog da Agrupación Deporiva Arenteiro.

A ratiña presumida: Contacontos

O venres 11 de novembro tivemos unha visita moi especial: a da ratiña Presumida, que se acercou ata o noso centro para representar varios contos: " A ratiña Presumida", "A loucura e o amor", ... e así celebrar o aniversario de Alejandro de primeiro curso.

A actuación de Patricia gustoulle moito a todo o alumnado que participou na actividade. Como remate da sesión de contacontos os máis cativos participaron en varios xogos colaborativos...

... esperamos que volva a visitarnos a ratiña!!

Para ver máis imaxes

Intercambio escolar CEIP Manuel de Falla

We are going to start, in the second half of this first term, a school interchanging with some informal letters and Christmas postcards with pupils from CEIP Manuel de Falla, in Madrid. This way, we will enjoy by knowing different experiences, hobbies...from other pupils with same age from this beautiful state school from Madrid.

Samaín & hallowen 2011

Este ano celebramos o Samaín o xoves 27 de outubro, porque o 31 de outubro foi o Diá da Educación. Fixemos as seguintes actividades:

  • Decoración dos corredores e aula.
  • Concurso de cabazas con exposición das mesmas.
  • Pescudas de información sobre o Samaín.
  • Vestimos á momia.
  • Xogos das tumbas.
  • Búsqueda de diaños, agochados no patio.
  • Xogos de mímica sobre o Samaín.
  • Bailes do Samaín.
  • ...

Visita a galería de imaxes

Se queredes ver en que consistiron estas actividades, premede no video de máis abaixo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut