Skip to Content

                              

Portada

Rosalía de Castro

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.

Rosalía naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e morreu en Padrón o 15 de xullo de 1885 á idade de 48 anos.

Nos seus primeiros anos vivíu nas vilas rurais de Ortoño e Padrón.A Rosalía, na escola, gustábanlle moito o debuxo, a música e recitar. 

Con 19 anos trasládase a Madrid e alí casou cun xornalista galego chamado Manuel Martínez Murguía. Con el tivo seis fillos. 

Viviu en moitos lugares debido á profesión do seu marido: Madrid, Lugo, Simancas, a Coruña, Santiago, Lestrobe, Estremadura, Alacant…

Rosalía de Castro foi poetisa e novelista en lingua galega e castelá. Foi a escritora máis importante do Rexurdimento da literatura galega no século XIX. Foi a autora de "Cantares galegos" (1863),  un dos primeiros libros enteiramente escrito en galego da Idade Contemporánea. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase por ser a data de edición da súa obra Cantares galegos.

Celebración do entroido 2012

XOVES DE COMADRES

O xoves 16 de febreiro celebramos o xoves de comadres no colexio. Todo o alumnado e profesorado asistiu disfrazado ao colexio. Este ano a imaxinación na confección dos disfraces foi espectacular e a calidade e orixinalidade dos mesmos provocou que foran moitos os premiados no desfile de disfraces que realizamos pola tarde.

Foi unha xornada educativa-festiva na que estivo presente o espírito rural e enxebre desta festa na que non faltou boa música para mover o esqueleto sen parar.

  • Podes ver máis imaxes na Galería do Colexio 
  • Estamos elaborando o vídeo desta celebración que pronto será colgado na web.

VENRES DE ENTROIDO

O venres 17 de febreiro, como acto final da semana do entroido, realizamos o desfile de entroido desde o colexio ata o Concello de Boborás, pasando polas principais rúas do pobo. A participación da comunidade educativa foi moi alta, a pesar da hora en que se celebrou. 

Este ano o tema central do entroido foi o conto de "Brancaneves e os sete ananiños", na galería de imaxes podedes observar o lucidos que quedaron os disfraces que elaboraron os nenos e nenas con axuda dos seus mestres e mestras.

Como colofón final, a esta celebración, invitámos a todas e todos os participantes no evento a unha chocolatada con churros e bica elaborada pola nosa fabulosa cociñeira Ana.  

  • Podes ver máis imaxes na Galería do Colexio 
  • Estamos elaborando o vídeo desta celebración que pronto será colgado na web.

Mandas do entroido 2012

Xa chegou o entroido a Boborás!!

Este ano o meco tráenos as seguintes mandas

MANDAS DO MECO

O luns, trece
trae algo na cabeza,
pois comeza o entroido
que non che de pereza.

O martes, día catorce
trae os zapatos diferentes,
e ponte algo vermello
se namorado te sentes.

O mércores, día quince
no teu corpo has de poñer
algo que chame a atención
e simpático deberá ser.

O xoves, día dezaseis
se no cole queres entrar
disfrázate do que queiras
e así poderás pasar.

E o venres, día dezasete...
¡¡Brancaneves e os ananiños
por Boborás desfilarán
e a gran chocolatada comerán!!

 Invitación

 

 Descargar mandas


 

 


 

 

Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes do alumnado disfrazado coas mandas que o meco vai dando

 

 

Coplas entroido 2012

COPLAS ENTROIDO 2012

(Música da cantiga popular “O voso galo comadre”)

 

Retrouso

O entroido xa está aquí,

o entroido xa está aquí.

Vai tapar a cara, vai tapar a cara,

 vai tapar a cara galopín.

 

1ª Estrofa

Amiguiños e amiguiñas

prestade moita atención,

despois dun ano esperando

o entroido comezou.

 

2ª Estrofa

Como estes últimos anos

éste non ía ser menos

imos todos disfrazados

os profesores e os nenos.

 

3ª Estrofa

O disfrace deste ano

é de sobras coñecido.

Brancaneves e seu príncipe,

a bruxa e os ananiños.

 

4ª Estrofa

A pesares dos recortes,

aínda que estamos en crise,

no cole de Boborás

moita esmorga terás.

 

5ª Estrofa

O chocolate con churros

nunca nos pode faltar,

vinde a esta nosa festa

se os queredes degustar.

 

6ª Estrofa

Ata outra compañeiros

deica o ano que ven,

deixade as penas a un lado

que toca pasalo ben.

 

FIN.

 

  

Día da Paz 2012

O martes, 31 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da Paz e Non Violencia coa realización de múltiples actividades que foron desenvolvidas ao longo da semana previa a esta data.

Este ano, a actividade estrela foi a interpretación dunha versión moi peculiar do baile de moda en todo o mundo, orixinal de Michel Teló e titulado "Ai, se eu te pego". Nós titulámolo "Ai, eu non pego!".

Nas seguintes ligazóns podedes ver o resumo das actividades realizadas:

  • Reportaxe fotográfica

Video do baile

 

Video coas actividades do Día da Paz e non Violencia

Final comarcal de Campo a Través

Saída de alevínfemininoO día 2 de febreiro participamos na final comarcal de Campo a través na magnifica paraxe do Puzo do Lago de Maside.

Nunha mañá soleada, aínda que fría, 270 corredores  pertencentes aos colexios: CEIP de Bearíz; CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás; CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo; CEIP Eulogio Gómez Franquira de San Amaro; IES nº 1 do Carballiño; CPR Sagrado Corazón do Carballiño e CPR Vila do Arenteiro do Carballiño participaron nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.

Este ano, as inscricións sufriron unha merma considerable debido á protesta que moitos centros públicos están a facer contra as directrices e normativas que está a ditar a Xunta de Galiza e que redundan negativamente na calidade do ensino.

Felicitamos a todas e todos os participantes e en especial aos que acadaron subir ao podio do noso colexio: Amancio Sanjurjo en categoría infantil masculino e Sara Ramírez en categoría infantil feminino.

As clasificacións completas podédelas descargar aquí:

  • Cadro de honra
  • Clasificación individual por categorías
  • Clasificación por equipos

Na seguinte ligazón podedes acceder á reportaxe fotográfica da carreira

 

Video das carreiras:

Ai, eu non pego!!

AI! EU NON PEGO

RETROUSO
Mozos, mozas así vemos a paz
Ai! Eu non pego. Ai ai! Eu tolero.
Caricias, caricias, eso gústanos mais.
Ai! Eu non pego. Ai ai! Eu perdoo.


1ª ESTROFA
Luns recreo na fila,
meu amigo intentouse colar
e chegou a pelexa mais tonta,
tomei coraxe e fixemos a paz.


2ª ESTROFA
Mércores, clase de mates,
un neno púxose a protestar,
a piques de baixarlle un puntiño
reflexionamos e fixemos a paz.


 


2:49 minutes (2.59 MB)

Día da Paz

AI! EU NON PEGO

RETROUSO
Mozos, mozas así vemos a paz
Ai! Eu non pego. Ai ai! Eu tolero.
Caricias, caricias, eso gústanos mais.
Ai! Eu non pego. Ai ai! Eu perdoo.


1ª ESTROFA
Luns recreo na fila,
meu amigo intentouse colar
e chegou a pelexa mais tonta,
tomei coraxe e fixemos a paz.


2ª ESTROFA
Mércores, clase de mates,
un neno púxose a protestar,
a piques de baixarlle un puntiño
reflexionamos e fixemos a paz.

Guía lectura de Nadal 2011

Esta é a guía de lectura que vos recomendamos desde o Equipo de biblioteca para que utilicedes nas vosas compras e peticións de agasallos nestas vacacións de Nadal.

... e recorda:

"Para viaxar lonxe...

...non hai mellor obxecto...

...que... un libro!!

 

 

 

Programa festival Nadal 2011

O martes, día 20 de decembro, celebramos con moito éxito o “Nestival de Nadal”. Contamos coa presenza de numerosos familiares e amigos dos pequenos artistas do colexio. Se seguemos con este nivel de participación teremos que buscar un sitio máis amplo para estas xornadas festivo-educativas.

Se premedes nas ligazóns do programa de actuacións poderedes ver os videos das diferentes representacións.

Esperamos que foran do voso agrado!!

Este é o programa de actuacións:

1. PANXOLIÑA: Toca a pandereta (Alumnado do PAI).
2. “OS PASTORES VAN VER AO NENO” (EI:3,4,5 anos).
3. BAILE: “PASADO PISADO” (Primaria).
4. OBRA INGLÉS : “RUDOLF” (3º/2º ciclo).
5. BAILE: “ PLEASE, BABY COME HOME” (Primaria).
6. OBRA: “TEATRILLO DE LOS NÚMEROS” (1ºciclo).
7. CHRISTMAS CAROL:”JINGLE BELLS” (3º/2º ciclo).
8. BAILE: “BYE, BYE PICOLINA” (EI:4,5 anos).
9. OBRA: “SECUESTRARON A PAPA NOEL” (3º/1º ciclo).
10. OBRA: “O PAXARIÑO FERIDO” (2º ciclo).
11. BAILE: “ AI SE EU TE PEGO” (3º ciclo).
12. OBRA: “EL ARBOL DE NAVIDAD” (1º CICLO).
13. FRAUTAS 3º CICLO.
14. PANXOLIÑA (primaria).
15. PREMIOS POSTAIS DE NADAL: Do Concello e do colexio.
16. PREMIOS AOS MELLORES LECTORES DO TRIMESTRE.
17. VISITA DE PAPÁ NOEL

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut