Skip to Content

                              

Portada

Contacontos da Sabela

O mércores, 9 de maio, tivemos a visita dunha contacontos moi especial: A Sabela.

Grazas á  súa presenza fomos quen de representar un conto entre todo o público: uns facían o papel de protagonistas e outros animábamos aos actores.

Tres pitas pelexaban por ser as máis fermosas do galiñeiro...decidiron ir xunto ao Rei do lugar para que decidira cal delas era a máis fermosa...

 

Reportaxe fotográfica

 

Tríptico sobre Antón Losada

Elaboramos o seguinte tríptico sobre Antón Losada Diéguez para compartir con toda a comunidade educativa.

Para descargalo preme na imaxe

Aline Franzao: Obradoiro Cacimbo

O 3 de maio tivemos no noso centro a actuación de Aline Frazao, cantante angoleña, con raices en Cabo Verde, que nos mostrou a todos aqueles países que podemos acceder grazas a no lingua.

Concurso cartaces CENDL da comarca do Arenteiro

Coma en anos anteriores, este ano tamén participamos na IV edición do concurso de cartaces en defensa e fomento do emprego do Galego que convocou a CENDL da comarca do Carballiño.

O nivel dos traballos foi moi alto, e resultou moi difícil a elección dos mellores traballos.

Os centros participantes foron os seguintes: CPI de Maside; CPI Virxe da Saleta de Cea; CPR Vila do Arenteiro; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; IES Chamoso Lamas; CPR Sagrado Corazón; e CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.

No noso cole foron premiados os traballos de:

  • Iria de Educación Infantil.
  • Sofía de 1º Ciclo de Ed. Primaria
  • O traballo colaborativo de Sara, Paula e Andrea de 3º Ciclo de Ed. primaria.

A relación dos traballos gañadores podédela descargar aquí:

Cartaces de Ed. Infantil e Ed Primaria.

Marcapáxinas de ESO e Bacherelato.

EDUCACIÓN INFANTIL:

 
CPR Sagrado Corazón CPI de Maside
   
CPI Virxe da Saleta de Cea CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Danza de Xuvencos

Libro electrónicoA Danza de Xuvencos realizase cada 4 anos dentro da celebración da Festa das Mudacións no pobo de Boborás.

É unha manisfestación relixiosa, de tradición secular e orixe pagano, levada a cabo por catro parellas de solteiros e solteiras da parroquia (antigamente eran só homes, catro deles vestidos de muller) que, ataviados cunha indumentaria atípica no folclore galego, e única en Ourense, executan un conxunto de oito bailes distintos mentres acompañan á procesión en todo o seu percorrido.

Para saber un poco máis da súa historia e tradición visita as ligazóns de máis abaixo.

 

Aline Franzao no noso colexio

Aline Franzao é a cara visible do proxecto Cacimbo, un obradoiro destinado a rapaces do ensino primario, na Galiza. O obxectivo desta proposta é mostrar as culturas dalgúns países africanos de lingua portuguesa por medio da música, do vídeo e a través da interacción co alumnado.

O xoves, 3 de maio, estará no noso colexio!!

 


Resultados da enquisa do emprego do galego

Durante o mes de abril, do curso 2011/2012, realizamos unha enquisa para actualizar os datos que tiñamos no centro sobre o emprego do galego na nosa comunidade educativa.

O total de poboación participante foi de 83, que corresponde a un 85% da poboación posible.

Para comprobar os resultados tedes que premer na imaxe da esquerda.

Antón Losada Diéguez

Antón Losada Diéguez 1884-1929

Membro de Irmandades da Fala e artífice da concepción da revista Nós.

Apenas deixou obra escrita, pero tivo unha grande influencia en todos os movementos nacionalistas-galeguistas-culturais de principios do século pasado.

Tivo gran influencia no galeguismo de Vicente Risco e Otero Pedraio.

 

 

Proxecto de fomento do galego 2012

Descarga o proxecto de galegoO proxecto de fomento do galego do curso 2011/2012 do noso centro acadou a máxima puntuación de entre todos os centros de primaria de Galicia, sendo o único que superou os 22 puntos de calificación.

A contía que nos concederon para o desenvolvemento do mesmo foi de 1250 euros que aínda que é moi inferior ao concedido en anos anteriores, supón para o noso centro unha axuda moi importante nestes tempos de crise.

Parabéns para toda a comunidade educativa!!

Preme na imaxe para ver o proxecto (só autorizados)

Ligazón ás axudas concedidas.

23 de abril, Día do Libro 2012

Desde o regreso de Semana Santa estamos a realizar actividades en relación a celebración do Día do Libro.

As máis destacadas son:

  • Obradoiro de banda deseñada que estamos a realizar en todos os ciclos e niveis e que ten como actividade final a realización dun cómic para presentar ao concurso que se convocou desde o Equipo de biblioteca en colaboración co EDL do centro.
  • Elaboración dun libro de banda deseñada con todos os traballos presentados que pasará a engrosar os fondos da biblioteca.
  • Representación no salón de actos do cole da obra de teatro"O mundo sabe a mar", en colaboración coa Consellería de Pesca.
  • Un contacontos realizados polo alumnado de segundo ciclo para os alumnos máis cativos do cole: "Os trotamúsico".
  • Entrega dos premios aos mellores lectores deste cuatrimestre.
  • Elaboración dun gran cartaz na entrada do centro sobre o Día do Libro no que representaremos a imaxe desta nova que elaboraron o equipo de biblioteca, Equipo TIC e EDL, en coordinación.
  • Visionado no salón de actos dos seguintes vídeos en galego, inglés e español para reflexionar sobre a importancia que lle damos aos libros e lectura:

"Como se fai un libro"

 

"The Fantastic Flying Books of Mr. Morris"

"Palabras"

Distribuir contido


by Dr. Radut